Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os Estados Membros e o Parlamento Europeo adhírense á denuncia presentada por Suecia contra a Comisión Europea ante o Tribunal de Xustiza

10-03-2015 - HIXIENE

A Comisión Europea tiña a encomenda de establecer os criterios para a regulación dos disruptores endocrinos antes de que rematase o 2013. Pasado este prazo sen ter feito o traballo, Suecia denunciou o caso por retraso indebido na actuación ante o Tribunal de Xustiza.

O pasado mes de xaneiro, despois dunha votación por correo,  21 estados membros decidiron adherirse á iniciativa sueca (nesta votación catro estados se abstiveron, entre eles o Reino Unido, e tres non responderon antes do remate do prazo fixado).

Tamén no mes de xaneiro, un grupo de membros do Parlamento Europeo remitiron unha carta na que urxían á Comisión a establecer criterios científicos na regulación dos disruptores endocrinos; neste documento critícase, en relación á consulta pública promovida pola Comisión, que existe falta de enfoque baseado no perigo, e que a definición do que é un disruptor endocrino non pode depender do impacto socio-económico na industria. Ademais, se indica no documento, esta consulta non se adapta á folla de ruta adoptada pola Comisión en xuño do ano pasado, na que se estabelecían os criterios aplicables na lexislación que regula os disruptores endocrinos, pois en lugar de considerar os disruptores endocrinos de xeito horizontal, mira en particular praguicidas e biocidas.

Parece que tanto o Parlamento Europeo como o Consello Europeo entenden que os cirterios sobre disruptores endocrinos non deberían basearse no impacto económico que presenta a industria dos praguicidas,  e sí nos criterios de perigo que indica a ciencia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS