Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os/as traballadores/as da limpeza presentan maior risco de contraer asma.

27-03-2012 - HIXIENE

Nos países industrializados, a asma é a enfermidade respiratoria ocupacional máis frecuente. A exposición a certos produtos, por motivos laborais, é a responsable de entre o 5-20% da asma incidente na poboación adulta. É máis, a exposición prolongada ao axente causal asóciase a un peor prognóstico e a unha diminución máis acelerada da función pulmonar.

Os principais axentes irritantes contidos en produtos de limpeza son os compostos de amonio cuaternarios, os sprays desengraxantes, a lexivia (hipoclorito sódico) e outros desinfectantes.

 Estes compoñentes por separado, ou ben, a mestura de varios destes, así como a exposición a alerxenos de interiores, como ácaros e fungos, relatáronse como posibles axentes causais da asma.

 Importantes estudos poboacionais, realizados recentemente, detectaron un alto risco de asma nos profesionais da limpeza, de entre todas as coñecidas ocupacións con exposición de risco. Aínda que poucos son os estudos lonxitudinais que analizan o risco dunha exposición en adultos ou a asma agravada no traballo. Os últimos datos dun estudo realizado en Finlandia, informan que existe un 42% de incremento do risco de asma en persoal da limpeza comparado con outros profesionais. Outro estudo baseado nas enquisas do Europeo de Saúde Respiratoria informan dun incremento do risco de asma entre un 30-50% en adultos que usaban produtos de limpeza en forma de spray nos seus fogares, polo menos, unha vez por semana. A día de hoxe non existen traballos que estuden a evolución clínica da asma neste sector ocupacional.

 “No estado español, un estudo de asma incidente no adulto relacionaba a limpeza doméstica nun 4% de todos os casos e considerouse a ocupación de risco que máis se asociaba a ista enfermidade”, comenta o neumólogo Xavier Casas, que desenvolverá a conferencia “Asma e limpadoras” no marco do 45º Congreso de EPAR en Madrid.

 O persoal de limpeza non doméstica tamén presenta un alto risco de asma, xeralmente, as traballadoras/es de limpeza en cociñas, limpeza xeral en hospitais, así como en escolas, onde os limpadores desenvolven a tarefa de abrillantar chans. Este tipo de asma vén desenvolvido por un período de latencia, con exposición aguda e a altas concentracións de irritantes da mucosa bronquial de forma accidental, o cal induce a unha síndrome de disfunción reactiva da vía aérea, que á súa vez xera hiperreactividade bronquial. Aínda que o tipo de asma máis asociada aos traballadores/as da limpeza, que pode ser tamén un agravante ou causante dunha exacerbación dunha asma previa, é o debido a exposicións baixas ou moderadas alongadas, a irritantes respiratorios.

 Toda esta problemática provoca que moitas das persoas relacionadas neste ámbito véxanse obrigadas a abandonar as súas tarefas, debido a que os problemas de saúde cada vez son máis persistentes e os síntomas máis graves.

 

Fonte de Datos: noticiasmedicas.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS