Financiado por:
/ Portada / Delegados

O xerente de Gamesa e o técnico de prevención condenados por un accidente laboral ocurrido en 2009

11-01-2016 - SENTENZA

A xuíza do Penal 2 de Ferrol condenou ao xerente de Gamesa, e ao técnico responsable da seguridade laboral da empresa, a pena de seis meses de prisión e multa de 2.160 euros, como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións por imprudencia grave. Declárese tamén a inhabilitación especial dos acusados por un período de seis meses para exercer funcións de xerente e técnico de prevención, respectivamente.

O accidente produciuse en novembro de 2009, cando o operario realizaba labores de corte nunha tea impregnada de resina utilizando un cutter. Segundo a xuíza, as causas do accidente foron a falta de protección ocular, xa que non levaba lentes de protección integral, así como que o traballador cortou a tea en dirección ao seu corpo.

Na sentenza considérase probado que o operario especialista de Gamesa sufriu un accidente laboral con resultado de lesións graves nun ollo: perforación corneal e arrancamiento do iris, polo que necesitou tratamento cirúrxico, estivo hospitalizado 15 días e non alcanzou a curación ata os 562 días, aínda que quedaron secuelas. Recóllese tamén que non consta que o traballador recibise formación acerca de como proceder no caso de formarse engurras sobre a tea impregnada de resina.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS