Financiado por:
/ Portada / Delegados

O uso das TIC e as últimas sentenzas xudiciais propiciaron grandes cambios na organización das empresas que abocan a que os traballadores estean cada vez máis vixiados

09-02-2016 - PSICOSOCIAL

Cada vez máis empresas aumentan o control empresarial sobre os dereitos dos traballadores: controlar o correo electrónico e WhatsApp, regular o uso do móbil persoal ou de empresa dos traballadores, examinar os tuits ou o uso das redes sociais son algúns dos novos retos aos que se enfronta a organización empresarial do século XXI e, de paso, os propios traballadores.

Pere Vidal, profesor colaborador dos Estudos de Dereito e Ciencia Política da UOC e avogado laboralista, afirma que todo se basea na premisa de se a empresa dispón de normativas explícitas para controlar o uso dos dispositivos (correo, móbil e computador).

Se a resposta é afirmativa, o dereito á intimidade e ao segredo das comunicacións dos traballadores pódese ver limitado, pero o empregado será coñecedor diso e enténdese que actuará con responsabilidade.

Segundo un estudo, o 33 % dos traballadores do Estado (un de cada tres) que coñecen as restricións da súa compañía afirman desafiar as políticas e acceder a Facebook regularmente, explica Ana Isabel Jiménez Zarco, profesora de Economía e Empresa da UOC. A experta afirma que é imposible erradicar estas prácticas, e propón un cambio de óptica, tentar que o uso que o traballador fai das redes sociais no seu posto de traballo non sexa 100 % persoal, é dicir, que se transforme nun promotor da empresa.

Jiménez Zarco engade que hai que convertelo nun usuario que xere contido, é dicir, creador de opinións e influenciador no comportamento de potenciais consumidores da marca.

Se a empresa non ten unha política clara ou non advertiu deste control -a día de hoxe o 55% das empresas non ten políticas de uso de dispositivos nos postos de traballo-, a posible actividade fiscalizadora que impuxese a empresa supoñería a vulneración da intimidade dos traballadores e un delito de revelación de segredos, alerta Vidal.

Segundo Pere Vidal, si, pero sempre que haxa un protocolo de uso establecido e o traballador estea a usar o móbil persoal en horas de traballo. Por exemplo, o uso de WhatsApp no traballo xa se revela como un futuro problema, pois, segundo un estudo de The Phone House, esta aplicación xa é o que máis distrae no traballo: un 32 % dos traballadores consulta o seu terminal cada 15 minutos.

Segundo o avogado laboralista, no ámbito estritamente laboral a empresa atoparía amparo legal para monitorar as conversacións, pero o control do WhatsApp xera dúbidas en materia de protección de datos de carácter persoal.

Pódese controlar o uso do teléfono da empresa ou do correo persoal?: Tamén, porque se entende que é un medio de traballo máis que o empresario facilita ao traballador, e, por tanto, a compañía pode controlar o uso que se fai. De feito, é legal que a empresa controle audios e realice gravacións aleatorias de conversacións telefónicas sempre que se advertira aos empregados desta posibilidade.

En canto ao uso do correo electrónico, o experto puntualiza que se o traballador accede ao correo persoal desde o lugar de traballo, o empresario poderá monitorar tanto o correo persoal como o corporativo sempre que se informou aos traballadores das regras de uso destes medios e sempre que se acceda desde unha ferramenta propiedade do empresario.

Segundo Pere Vidal, o uso do ordeador sufriu grandes cambios: antes de 2007 era unha ferramenta considerada un efecto persoal e íntimo do traballador; do mesmo xeito que a súa taquilla, era inviolable.

A día de hoxe, afirma Pere Vidal, quedou definitivamente desterrado deste ámbito, posto que considerase que esta restrición non resulta aplicable ao control dos medios informáticos.

Pódese chegar ao despedimento? : Para Pere Vidal, se non ten unhas regras de uso claras, non, porque non hai unha normativa interna que o prohiba. Segundo o profesor de Dereito, a empresa ten que actuar con coherencia e proporcionalidade en cada caso. O circuíto de aviso ou sanción tería que ser o seguinte: advírtese ao traballador e, en caso de persistir, procederase a sancionalo. Se continúa incumprindo a normativa, a empresa podería consideralo unha indisciplina ou desobediencia.

Vidal afirma que se o traballador fai un uso manifestamente ilegal dos dispositivos, como descargar software ilegal no computador da empresa, a compañía estaría en facultades de despedir disciplinariamente ao traballador por considerarse un prexuízo patrimonial.

As TIC empeoran a produtividade?:  Segundo un estudo de Adecco, os traballadores perden ata 10 horas ao mes con distraccións relacionadas co uso de redes sociais e apps, o cal se traduce na perda total de 13 días laborais ao ano.

Tanto Pere Vidal como Ana Isabel Jiménez Zarco consideran, a pesar dos datos, que as empresas se teñen que dotar de normativas e políticas de uso das novas tecnoloxías que recomenden o seu uso responsable, e non de políticas que proclamen prohibicións absolutas de uso persoal.

Jiménez-Zarco aposta por políticas de Recursos Humanos que se baseen na confianza no traballador: flexibilidade, autonomía, asunción de responsabilidades e recoñecemento da súa responsabilidader.

A experta da UOC conclúe que non hai que controlar o uso de redes sociais ou WhatsApp, senón considerar que o traballador, aínda que as utilice, é consciente das súas responsabilidades e saberá sacalas adiante.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS