Financiado por:
/ Portada / Delegados

O traballo sedentario prexudica aos enfermos de fibromialxia

10-04-2012 - SAÚDE

As persoas que realizan un traballo sedentario e que, por tanto, implica pouca actividade física, teñen unha peor condición neuromuscular, o que pode agravar a fibromialxia. 

Esta é a principal conclusión dun estudo publicado na revista "Rheumatology International", comentado por Miguel Anxo Vallejo, catedrático de Psicoloxía Clínica do Departamento de Psicoloxía da Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned).

O estudo, levado a cabo por investigadores da Uned, en colaboración con expertos do Hospital Gregorio Marañón (Madrid), do Hospital Xeral Universitario de Alacante e dos laboratorios Pfizer, apóiase nas entrevistas persoais mantidas con 301 pacientes (291 mulleres e 10 homes) de 15 centros hospitalarios de toda España.

 Todos os pacientes analizados neste traballo levaban máis de dez anos coa enfermidade. Dos 301 que formaron a mostra, 171 atopábanse en activo e o resto non traballaban.

 Entre os empregados, un 67,8% sufriron unha invalidez temporal laboral durante os últimos doce meses, mentres que o 32,2% restante puido traballar de forma regular.

 A investigación revela que traballar resulta beneficioso para este tipo de pacientes, sempre, iso si, "que a tarefa se axuste á capacidade funcional", matiza o doutor Vallejo.

 Posto que a mellora da condición física resulta positiva para o paciente, son prexudiciais aquelas actividades sedentarias que implican un escaso esforzo físico, como o traballo de oficina, conducir ou atender nun comercio.

 "Tamén é negativo reducir e mesmo anular practicamente a actividade", asegura o investigador, quen apunta que deixar o traballo reduce as capacidades físicas do paciente e ademais, "suponlle un gran golpe, posto que deixa de sentirse útil".

 A fibromialxia, que afecta sobre todo ás mulleres, é unha enfermidade que implica dores crónicas de músculos, fatiga intensa, alteracións do soño, rixidez nas articulacións, trastornos cognitivos e diferentes cadros de ansiedade e depresión.

 

 Fonte de Datos: diariosigloxxi.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS