O traballo por quendas afecta a nivel cognitivo16-11-2022 - SAÚDE LABORALÉ coñecido, e probouse, que o traballo a quendas está relacionado con problemas de saúde como trastornos do soño, enfermidades cardiovasculares, diabetes, obesidade e abuso de substancias. A causa é que o reloxo interno do corpo non se axusta ao ciclo normal de luz e escuridade. O que non se confirmou era como afecta a nivel cognitivo. Hoxe sábese, ademais, que o traballo por quendas está relacionado con afectacións a nivel cognitivo. Así o recollen as conclusións dun metaanálise publicado na revista ‘Occupational & Environmental Medicine’. | ![]() |
|---|
Nesta metarrevisión incluíronse 18 estudos, publicados entre 2005 e 2020, nos que participaron 18.802 persoas de 35 anos como idade media. Os parámetros que se revisaron foron:
• Velocidade de procesamento.
• Memoria de traballo.
• Estado de alerta (vixilancia psicomotriz).
• Control dos impulsos e resposta situacional (control cognitivo).
• Capacidade de filtrar os sinais visuais sen importancia (atención visual)
• Capacidade de cambiar inconscientemente de tarefa (cambio de tarefa).
A revisión revelou que o traballo por quendas ten efectos significativos nos seguintes parámetros: peor memoria, menor velocidade de procesamento mental, niveis máis baixos de alerta, menor concentración visual e peor capacidade de controlar os impulsos e a resposta situacional. En cambio, non se apreciou ningún efecto no cambio inconsciente de tarefas.
Os investigadores apuntaron as implicacións que estas conclusións teñen para a seguridade e saúde laboral xa que a redución do rendemento neurocondutual nestes casos podería desempeñar un papel importante en relación coas lesións e os erros relacionados co traballo.
Medias de protección
Ata que se poida profundar máis na análise da deterioración neurocondutual, como medidas de protección para reducir os efectos a nivel cognitivo do traballo a quendas proponse levar a cabo:
• Sestas.
• Plans de recuperación en traballos por quendas.
•Supervisións médicas periódicas
Fonte: Prevención Integral