Financiado por:
/ Portada / Delegados

O traballo nocturno predispón a sufrir diabetes e obesidade

19-09-2013 - Saúde laboral

Segundo demostra un estudo que publica a revista Science Translational Medicine traballar en quendas de noite non só causan olleiras, somnolencia e mal humor. Estas actividades tamén poden favorecer a diabetes e a obesidade por un desaxuste no reloxo biolóxico que altera a secreción da insulina.

"Os nosos resultados amosan que as persoas que traballan en quendas de noite e teñen predisposición á diabetes teñen máis posibilidades de desenvolvela", afirma Orfeu M. Buxton, neurocientífico da Escola Médica de Harvard (EE UU) e líder da investigación. Para chegar a esta conclusión, Buxton e os seus colegas traballaron durante seis semanas con 21 persoas sas. Os voluntarios durmiron 10 horas diarias durante o tres primeiras semanas, pero logo o seu descanso reduciuse a 5,6 horas de soño cada 24 horas para simular as rotacións nas quendas de traballo. Ademais, no mes e medio que durou o estudo non puideron practicar exercicio.
A alteración dos ciclos de vixilia-sono afectou as células pancreáticas secretoras de insulina, que produciron un aumento de glicosa en sangue. É dicir, o paso previo á diabetes. Tamén a masa corporal viuse afectada, xa que os participantes mostraron unha redución da actividade metabólica que se podería traducir nun aumento de peso anual de máis de 4,5 quilos.
A boa noticia é que, se o reloxo circadiano se reaxustaba, ao cabo de nove días os efectos negativos no organismo revertían. Os expertos aínda non están seguros de como mellorar a saúde despois de anos de interrupción circadiana, pero propoñen reducir a frecuencia nas quendas de traballo para minimizar as súas consecuencias. Neste sentido, as quendas de traballo que cambian cada mes serían menos prexudiciais que os que o fan cada poucos días.

Fonte: e-saudable.é

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS