Financiado por:
/ Portada / Delegados

O traballo en exceso pode ser motivo de accidente cardiovascular

01-09-2015 - Saúde laboral

Segundo un estudo publicado pola revista The Lancet, o risco de sufrir un accidente cardiovascular é maior entre aqueles que traballan 55 horas ou máis á semana, que entre os que teñen unha xornada laboral de 35 ou 40 horas semanais. A directora deste traballo de investigación, profesora de Epidemioloxía na University College London, indica que para chegar a esta conclusión se avaliaron máis de corenta investigacións divididas en dous grupos de estudos.

Por unha banda, analizaronse datos de 25 estudos nos que participaron 603.838 homes e mulleres de Europa, Estados Unidos e Australia, que foron seguidos durante unha media de 8,5 anos.

Así mesmo, fíxose unha valoración similar dos resultados obtidos en 17 traballos, nos que participaron 528.908 homes e mulleres que foron avaliados durante 7,2 anos.

En relación ao primeiro grupo, atopouse un incremento do 13% do risco de sufrir un ataque ao corazón (ben un episodio, un ingreso ou unha morte) naquelas persoas que traballaron 55 ou máis horas á semana en comparación coas que tiveron unha xornada de 35 ou 40 horas. En canto aos datos do segundo grupo, as persoas que tiñan un exceso de horas traballadas por semana presentaron un aumento do risco de ter un ictus do 33%, é dicir, estas persoas tiñan 1,3 veces máis posibilidades de padecer este problema cerebrovascular que aquelas que pasaban 15 ou 20 horas menos da súa vida no traballo cada semana.


Segundo a directora da investigación "a cantidade de estudos avaliados permítenos investigar a asociación entre horas traballadas e risco de enfermidade cardiovascular con maior precisión do que até agora foi posible. Os profesionais da saúde deberían ser conscientes de que unha xornada laboral longa está asociada cun maior risco de ictus, e quizais de infarto de miocardio".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS