O síndrome de vida ocupada22-03-2013 - PSICOSOCIALPrésas, axenda completa, puro estrés. O resultado, inevitable: esquéceste onde deixaches o auto, esqueces unha cita que tiñas planeada dende hai un mes, perdes cousas, cústate recordar datos que che sabías de memoria e non podes concentrarte máis dunha vez. Pásache? Xa ten nome e en Estados Unidos e Europa multiplícanse os casos entre profesionais novos e non tanto: chámase "síndrome da vida ocupada". | ![]() |
|---|
Así bautizaron un grupo de investigadores dun centro de estudos de Glasgow aos síntomas que se empezan a ver entre os mozos profesionais pasados de estrés e sobrecargados de información.
Esquecementos e falta de concentración, á orde do día.
Dous camiños: psicofármaco ou cambio do estilo de vida?
Optamos pola segunda opción.
Velaquí algúns consellos:
En primeiro lugar, trata de saír do caos mental no que vives: trata de reorganizarte e non pretendas facer máis actividades das que podes facer. Fai unha lista de prioridades e non te sobrecargues.
Procurate espazos de "nada": nalgún momento do día é necesario refuxiarse nun anaco de paz e tranquilidade. Un café, un libro, un pouco de música, un anaco de tele. O que che guste.
A alimentación tamén é outro factor clave. Unha dieta a base de froitas e verduras brinda máis enerxía ao organismo e predisponnos a estar de mellor ánimo para encarar o día.
Coida o teu descanso. É importante ter unha conduta axeitada de sono. A rutina axuda moito: aínda que te custe, polo menos na semana trata de establecer un horario de fin do día. Durmir polo menos sete horas é fundamental para que o sono repare un día esgotador.
Cando remata o horario de traballo, apaga o teléfono e afástate do correo electrónico. A carga psicolóxica e emocional de estar sempre alerta xera altos niveis de estrés e afecta a saúde e os vínculos persoais.
Fai exercicio físico polo menos tres veces por semana. Axuda a liberar a tensión acumulada e a xerar endorfinas. Ademais, é ideal para coidar a saúde e manter un bo peso.
Non te illes: cando vivimos a mil adoitamos cancelar todo o que ten que ver
con momentos de ocio. Encontros con amigas, cine, xantar coa parella... Moitas
cousas quedan de lado en favor de supostas urxencias e cousas importantes.
Erro! A túa semana debe ter espazos de socialización e pracer.
Dedica tempo ao teu coidado persoal, físico e psíquico.
Coida a túa vida sexual, dálle espazo, contacta co pracer físico e coa enorme riqueza de encontrarte con outro, pel a pel.
Fonte: e-saudable