Financiado por:
/ Portada / Delegados

O presidente chinés ordena investigar a seguridade laboral na industria tras un accidente

27-11-2013 - SEGURIDADE

O presidente chinés, Xi Jinping, ordenou unha investigación sobre a seguridade laboral nas industrias despois de que a explosión dun oleoduto na cidade de Qingdao deixase 55 mortos, 9 desaparecidos e máis dun centenar de feridos.

Unha vez máis, este accidente fixo soar as alarmas de que a seguridade nas industrias debe ser garantida con présa. Doutro modo, carrexará perdas irreparables para o país e para a súa xente", dixo.

O presidente ordenou que se "lance unha proba de control de seguridade a grande escala, con inspectores que acudan aos lugares de produción de forma anónima e sen previo aviso" engadiu.

Así mesmo, urxiu a acelerar as tarefas de atención e reparación tras o desastre e a investigación sobre as causas do accidente de Qingdao, de modo que as "persoas involucradas sexan tratadas de acordo á lei".

O presidente urxiu ao Partido Comunista de China e ao Goberno a que "aumenten os seus esforzos para mellorar a seguridade nos lugares de traballo", e ás compañías a que "sigan estritamente as normas e invistan en seguridade".

O oleoduto é propiedade de Sinopec, a maior petroleira chinesa, e foi construído hai 27 anos.

O mortífero accidente en Qingdao recordou outra traxedia similar que tamén aconteceu na cidade portuaria en 1989, cando sucesivas explosións de cinco tanques petroleiros deixaron polo menos 19 mortos e 78 feridos.

 

invertia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS