Financiado por:
/ Portada / Delegados

O ordenador, o mellor aliado da fatiga visual

14-06-2012 - SAÚDE LABORAL

Na actualidade, o uso frecuente de ordenadores, tablets ou móbiles de última xeración, está a dar lugar a que un maior número de persoas padezan fatiga visual. E é que, á xornada laboral, na que o traballador ha de aliarse cada vez máis con pantallas de visualización de datos, hai que sumar os minutos que pasamos co ordenador persoal ou outros elementos relacionados coas novas tecnoloxías.

Aínda que non está descrita como enfermidade, segundo apunta María Ángeles López, médico do traballo da Unidade Básica Sanitaria do Servizo de Prevención de Riscos Laborais do Sescam en Albacete, trátase dunha modificación funcional, debido a un «funcionamento excesivo do órgano da visión». Unha posible causa de padecela pode ser unha mala iluminación, así como outras que deriven da propia persoa, como algún problema de refracción que non estea corrixido ou mesmo, algunha patoloxía.


Os síntomas máis comúns son a tensión ocular, malestar de ollos, comechón, somnolencia, lagrimexada, proído, necesidade de frotar os ollos, aumento de pestanexo e ollos secos, segundo asegura a médica de traballo no Complexo Hospitalario Universitario de Albacete. Ademais, existen outras manifestacións como cefaleas non moi intensas, mareos, sensación de desasosego e ansiedade, ou molestias na caluga. Outras, non obstante, fan referencia ao feito de ver borroso os carácteres da pantalla á dificultade para enfocar os obxectos, ver imaxes dobres ou sentir molestias pola luz.


Quizais, o lugar onde é máis recomendable manter as condicións óptimas para previr a fatiga visual, sexa no posto de traballo, xa que na maioría dos casos é onde máis horas pasamos fronte ao ordenador.

Por todo isto, «hai que empregar a luz axeitada para cada ambiente de traballo» xa que o seu correcto emprego nos leva a conseguir unha mellor agudeza visual, maior rapidez na visión, mellor contraste e maior claridade.


Con estas condicións, a fatiga visual diminúe, e mesmo no referente ao ámbito laboral, e en concreto ao relacionado coa disposición psicolóxica do traballador, diminúe o número de accidentes e aumenta o rendemento no traballo», indica López.


Pola súa banda, Francisco Díez, delegado provincial do Colexio Nacional de Ópticos e Optometristas, engade que ademais da iluminación axeitada, é recomendable ter en conta a distancia das pantallas, así como a posición. Deste xeito, a separación media sería igual á medida do brazo, mentres que a pantalla debe situarse á altura dos ollos.


PAUSAS


O tempo de contacto coa pantalla do ordenador tamén é importante, así, «hai que facer pausas e pestanexar», engade María Ángeles López. E é que, aínda que todo estea correcto, a iluminación estea ben e a persoa teña unha boa agudeza visual, débense facer exercicios preventivos como pestanexar para humedecer os ollos, e non os deixar secos, ou facer exercicios de acomodación como apartar os ollos da pantalla e intentar fixar a vista nun obxectivo afastado.


Pero se o avance das novas tecnoloxías crece rapidamente, as marcas de cristais tamén o fan, así, dada as circunstancias, non é de estrañar que haxa no mercado cristais que axudan a traballar co ordenador, e que se poden levar sós e mesmo con graduación.

 


Fonte: laverdad.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS