Financiado por:
/ Portada / Delegados

O goberno francés quere prohibir o uso do bisfenol A en envases de plástico en 2015

29-12-2014 - HIXIENE

Francia declarou a guerra ao bisfenol A. O Goberno presentou un informe ao Parlamento francés o 21 de novembro, no que se avaliaban os posibles substitutos para o bisfenol A. Numerosos estudos demostraron os efectos negativos para a saúde da exposición ao bisfenol A, sobre todo no fígado, os riles, o sistema reprodutivo e as glándulas mamarias.

A industria do plástico respondeu dicindo que o goberno está a ser "pouco realista" sobre os desafíos que este cambio producirá.

O bisfenol A (BPA), xunto con outros produtos químicos, utilízase na fabricación de plásticos e resinas. Encóntrase en moitos obxectos de uso cotián, como cubertos, potas, cafeteiras, batedores, envases de alimentos e botellas. BPA axuda a preservar o sabor dos alimentos e protexelos contra a contaminación por microorganismos.

O 1 de xaneiro de 2010, Francia prohibiu o uso de BPA nos produtos que entran en contacto directo cos alimentos para bebés e nenos pequenos, como os biberóns. Francia pronto introducirá unha nova lei, que prohibe o uso de BPA en todos os envases dos alimentos do 1 de xaneiro de 2015.

No seu informe, o goberno francés identifica unha gran cantidade de materiais alternativos que poderían utilizarse a partir de de xaneiro de 2015. Entre as 73 alternativas ao bisfenol A mencionadas no informe, o policarbonato, un plástico ríxido e transparente, xa foi empregado "sen maior dificultade", para os recipientes utilizados nas fontes de auga. A substitución de papel térmico (usado en recibos de caixa) está tamén xa en marcha.

Segundo o informe, "os representantes da industria din que na etapa actual das probas, os resultados son satisfactorios para a gran maioría dos substitutos utilizados, e cren que estarán máis ou menos preparados para a entrada en vigor da nova lei o 1 de xaneiro 2015".

Esta afirmación é refutada por PlasticsEurope, a asociación de fabricantes de plásticos europeos. Jasmin Bird, de PlasticsEurope, expresou a preocupación de que "o informe está a ser interpretado como a confirmación de que o cambio a substancias distintas de BPA sería factible de inmediato e comparativamente doado". Non obstante, as alternativas "ou ben non existen ou non funcionan ao mesmo nivel que o BPA para diferentes aplicacións".

PlasticsEurope tamén criticou o informe do goberno francés por non proporcionar avaliacións científicas ou toxicolóxicas dos materiais que se propoñía como substitutos de BPA, dicindo que "terxiversa" a súa idoneidade para substituír o BPA. A industria encontra innecesaria a prohibición do BPA nos envases de alimentos innecesarios.

PlasticsEurope opúxose aos plans do goberno francés para deter o uso de BPA nos envases de alimentos, dicindo que as alternativas non se someteron a un exame suficiente, e que a nova lei "contravén as actuais normas en toda a UE para os plásticos en materiais en contacto con alimentos e non proporciona ningunha beneficio para a saúde ".

O grupo de presión cre que unha simple prohibición de bisfenol A en envases de alimentos levaría á desaparición dun gran número de produtos, que resultarían máis difíciles de almacenar. As alternativas ao BPA son aínda demasiado pouco comprendidas, din, en particular con respecto á súa durabilidade e a toxicidade, e a nova lei podería poñer en risco a seguridade dos consumidores.

 

Fonte: Euractiv

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS