Financiado por:
/ Portada / Delegados

O estrés no traballo fai que os traballadores sexan menos produtivos

30-09-2014 - PSICOSOCIAL

Os/as traballadores/as que sofren de altos niveis de estrés teñen un compromiso inferior, son menos produtivos e teñen niveis de absentismo máis altos que os que están sometidos a unha presión excesiva, segundo un estudo da firma de servizos profesionais Towers Watson.

De acordo cos resultados do estudo, os niveis de "pasotismo" no traballo aumentan considerablemente cando os/as traballadores/as experimentan altos niveis de estrés. A investigación mostra que daqueles/as traballadores/as que dixeron estar a experimentar altos niveis de estrés, máis da metade (57%) tamén informaron de que estaban "desconectados". En contraste, só un de cada dez (10%) traballadores/ás que declararon baixos niveis de estrés dixeron que estaban "desconectados" e a metade deste grupo afirmaron estar altamente comprometido.

"A investigación mostra claramente a relación negativa entre altos niveis de estrés e a produtividade. Un terzo dos enquisados dixo que a miúdo sufrían pola presión excesiva no seu traballo e iso pode conducir a maiores casos de "desconexión" e absentismo - indicadores claros da baixa produtividade no lugar de traballo ".

Segundo a investigación, os niveis de absentismo tamén se ven influenciados polo estrés: os traballadores/as altamente estresados presentaron unha media de 4,6 días de enfermidade ao ano, fronte a 2,6 días para os traballadores/as pouco estresados. O 'presentismo' - o acto de asistir ao traballo cando se está enfermo e se é improdutivo - foi un 50% maior para os traballadores/as altamente estresados cunha media de 16 días por ano en comparación con ao redor de 10 días para os trabajdores/as que din ter baixo estrés.

"O benestar laboral mellora se se promoven cambios no comportamento e se fomenta dun estilo de vida saudable. As empresas poderían asumir máis responsabilidade en educar aos traballadores/as acerca dos beneficios de durmir mellor, realizar actividade física, unha boa nutrición e un equilibrio traballo-vida co fin de manter aos traballadores/as saudables, felices e produtivos. Algunhas empresas están a facer grandes progresos nesta área e xa se están a empezar a ver os beneficios empresariais de ter unha forza de traballo saudable ".

As razóns dos altos niveis de estrés tamén se exploraron na investigación. A falta de persoal foi a principal causa citada polos traballadores/as: máis da metade (53%) citárona como principal causa de estrés no traballo. Non obstante, poucos empresarios consideran que se trata dun problema importante, pois só o 15% dos altos directivos identificaron este feito como unha causa de estrés na súa organización. Pola contra, un terzo dos empresarios (34%) identificaron a tecnoloxía que permite que os traballadores/as estean dispoñibles fóra das horas de traballo, como unha das principais causas de estrés, pero os traballadores/as se mostraron en gran parte en desacordo, pois só o 8% consideraron que este feito contribuía á presión no traballo.

"Se os líderes empresariais queren promover un ámbito de menor estrés no seu lugar de traballo é fundamental que coñezan as verdadeiras causas do estrés na súa organización. Sen isto, mesmo o equipo de xestión máis ben intencionado pode encontrarse enfocando a enerxía e os recursos na dirección equivocada".

 

Fonte: Towers Watson

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS