Financiado por:
/ Portada / Delegados

O estrés do traballo aumenta o risco de enfermidade arterial coronaria

27-05-2013 - SAÚDE

As persoas con estrés no traballo e un estilo de vida pouco saudable teñen maior risco de enfermidade das arterias coronarias que as persoas que están estresadas polo traballo pero levan estilos de vida saudables, conclúe un estudo publicado en 'Canadian Medical Association Journal'.

Para determinar se un estilo de vida saudable pode axudar a reducir os efectos do estrés laboral sobre a enfermidade das arterias coronarias, os investigadores examinaron sete estudos de cohortes dunha grande iniciativa europea que incluíu 102.128 persoas que estaban libres da enfermidade durante o período de estudo de 15 anos (1985-2000). Os participantes, de idades entre 17 a 70 anos (unha media 44,3) eran de Reino Unido, Francia, Bélxica, Suecia e Finlandia e máis da metade (52 por cento), mulleres.

Do total de participantes, o 16 por cento (15.986) informaron de estrés no traballo, determinado a partir de preguntas específicas relacionadas co emprego, ademais do cal os investigadores definiron tres categorías de estilo de vida sobre a base de tabaquismo, consumo de alcohol, actividade/inactividade física e a obesidade (índice de masa corporal). Un estilo de vida saudable non tiña factores de risco do estilo de vida, o estilo de vida moderadamente saudable posuía un factor de risco e o estilo de vida pouco saudable incluía de dous a catro factores de risco.

Un total de 1.086 participantes tiña eventos de incidencia de casos de enfermidades coronarias durante o período de seguimento. A incidencia aos dez anos da enfermidade arterial coronaria foi de 18,4 por 1.000 persoas para aqueles coa tensión laboral e 14,7 para os que non posuían tensión laboral mentres as persoas cun estilo de vida pouco saudable tiñan unha taxa de incidencia de 10 anos significativamente maior (30,6 por 1.000) en comparación con aqueles cun estilo de vida saudable (12 por 1.000).

Así, a taxa de incidencia foi de 31,2 por 1.000 para os participantes nesta investigación con tensión laboral e un estilo de vida pouco saudable, pero só o 14,7 por 1.000 no caso das persoas con tensión laboral e un estilo de vida saudable. Segundo os autores do estudo, estes datos de observación suxiren que un estilo de vida saudable pode reducir substancialmente o risco de enfermidade coronaria en persoas con tensión no traballo.

"O risco de enfermidade arterial coronaria foi maior entre os participantes que reportaron estrés laboral e un estilo de vida pouco saudables, xa que as persoas coa tensión laboral e un estilo de vida saudable tiñan arredor da metade da taxa de enfermidade arterial coronaria", escribe o doutor Mika Kivimäki, do Departamento de Epidemioloxía e Saúde Pública da 'University College London' (UCL), en Londres, Reino Unido.

As probas de ensaios controlados aleatorios demostraron que os cambios de estilo de vida, como a perda de peso e deixar de fumar poden reducir o risco de enfermidades. "Ademais do asesoramento sobre o estrés, os médicos poderían considerar poñer máis atención aos factores de risco do estilo de vida nos pacientes que informan de ter tensión laboral", conclúen os autores.

 

Fonte: Europapress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS