Financiado por:
/ Portada / Delegados

O esgotamento vital e as enfermidades cardíacas

04-03-2015 - Psicosocial

Segundo unha recente investigación as persoas que se sinten “queimadas” polo traballo ou polas actividades diarias que desenvolven, son máis propensas a padecer enfermidades cardíacas; así os/as que sufren o que se coñece como “esgotamento vital”, mestura de fatiga, irritabilidade e desmoralización, teñen un risco 36 veces maior de pedecer algunha enfermidade cardíaca.

Segundo o coautor do estudio, cardiólogo do centro hospitalario Mount Sinai St. Luke's Roosevelt, de Nueva York, “nas nosas vidas, nas que cada vez temos máis cousas que facer, estamos sometidos a moito estrés. Cando o estrés non se revisa, pode comezar a desgastar o noso benestar psicolóxico e físico”

O esgotamento vital vai máis aló da fatiga, e dase nos casos nos que o estrés continuo incide na capacidade de recuperarse da fatiga. “Trátase dunha sensación continua de fatiga, de falta de enerxía que prevalece despois de ter durmido ben pola noite, incluso cando non se padece ningunha enfermidade”.  A resultas da situación de fatiga, aparece a irritabilidade e a desmoralización.

Na investigación examinouse a relación entre o esgotamento vital e a primeira vez que se sufre unha enfermidade cardíaca combinando resultados de 11 estudos realizados en 60.000 persoas sen enfermidades cardíacas e durante un período de seguimento promedio de seis anos e medio. Segundo os investigadores, despois de ter en conta outros factores de risco, o feito de padecer esgotamento vital aumentou o risco de unha persoa sana de sufrir unha enfermidade cardíaca en aproximadamente un tercio.

Entre as medidas que se propoñen para facerlle fronte ao esgotamento vital está o exercicio físico, a dieta saúdable, as técnicas de reducción do estrés e a inclusión por parte dos médicos de familia do estrés e a fatiga dentro dos síntomas a observar cando se realizan exámenes regulares aos pacientes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS