Financiado por:
/ Portada / Delegados

O equilibrio emocional dos empregados aumenta a rendabilidade das empresas

09-01-2013 - A conciliación, o respeto e a formación axudan a reter talento e engaden valor ás compañías

As empresas e os expertos en prevención de riesgos laborales consultados pola Fundación Prevent apostan por buscar o equilibrio entre as necesidades dos empregados e as das compañías para mellorar a implicación e o rendimento.

Para a presidenta de ErgoCV,  a consecución de resultados requiren “líderes emocionalmente intelixentes, que promovan ambientes saudables, minimicen o conflicto e as situacións de violencia no traballo, ademáis de maximizar o rendemento e o benestar”. Non en van, Soler lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde integral como “un estado de benestar total que inclue o físico, mental e social, e non a mera ausencia de enfermedade e trastorno”.

Neste sentido, a responsable do servizo de prevención mancomunado de Microsoft, amósase convencida que prestar atención á saúde física e psicolóxica dos traballadores é unha “aposta segura”. Entre outros aspectos, sinala que a preocupación  polo equilibrio emocional dos traballadores da compañía  tradúcese, por exemplo, na “reducción dos niveis de absentismo e unha maior capacidade para reter talento”. A prevención de riscos psicosociais  basease no “ respeto aos traballadores e a aposta pola conciliación da vida persoal e profesional”. Unha aposta “rendible e innovadora” que convirta aos empregados  “nun valor intanxible de incalculable valor”.


Xunto á intervención necesaria na organización para mellorar as condicións psicosociais e favorecer a implicación e o benestar, cabe destacar a importancia da “anticipación e a proactividade fronte á incertidume”. As empresas deben tener en conta estratexias de formación e acompañamento dos seus traballadores para que “aprendan a afrontar con éxito as situación de estrés cotidianas e a transformar as ameazas en potenciais retos”.

Fonte: equiposytalento.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS