Financiado por:
/ Portada / Delegados

O emprego do teléfono móbil

24-06-2015 - Ergonomía

Manter unha boa postura é fundamental para evitar problemas de saúde. No caso dos traballos sedentarios, as malas posturas poden dar lugar a dores de espalda, de cabeza, fatiga visual e cansanzo crónico entre outros. A día de hoxe, o teléfono móbil ou smartphone ten un espazo moi importante na nosa vida tanto como ferramenta de traballo como na nosa vida fora do traballo. O emprego que facemos del pode ter consecuencias importantes dende o punto de vista ergonómico, xa que a postura que adoptamos para consultalo ou traballar con él supón unha presión sobre as vértebras do pescozo. Presión que pode dar lugar a dores de cabeza e lumbares.

A postura que adoptamos cando consultamos o teléfono, cunha inclinación do pescozo duns 60 grados, unido ao peso que exercemos sobre a zona e a que mantemos ésta posición forzada do corpo durante períodos de tempo superiores a dous minutos son causa directa do emprego desta tecnoloxía.

Ademáis dos problemas ergonómicos asociados ao emprego do teléfono móbil, non podemos deixar de citar a adicción que que provoca en moitas persoas, que viven totalmente "enganchadas".  O corto animado realizado por un estudante chinés, premio anual da Central Academy of Fine Art, reflexiona sobre as consecuencias desta adicción, a través dun esaxerado humor negro, que describe o que lles sucede ás persoas que son incapaces de deixar de prestar atención ao dispositivo que levan na palma da man.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS