Financiado por:
/ Portada / Delegados

O custo das enfermidades causadas polos disruptores endocrinos na Unión Europea

20-04-2015 - Hixiene

Científicos e expertos valoran que os custos para a sáude dos cidadáns europeos derivados da exposición a substancias químicas roldan os 157.000 millóns de euros anuais. Entre os custos valoranse os que se consideran directos, relacionados cos coidados médicos, e os indirectos, entre os que estarían a produción perdida, a morte prematura ou a discapacidade.

Os perturbadores endocrinos son  substancias químicas capaces de alterar o equilibrio hormonal e a regulación do desenvolvemento embrionario, puidendo provocar efectos adversos sobre a saúde dun organismo ou da súa descencencia.

Existe unha ampla variedade de productos químicos, entre os que atopamos productos de coidado persoal, envases, de limpeza,..  que interfiren no comportamento hormonal; como exemplos podemos citar o perclorato, empregado para descontaminar a auga, que inhibe a tiroides ou o bisfenol A que pode alterar a produción de insulina.

O rápido aumento da evidencia científica permitiu documentar que os disruptores endocrinos son  en ocasións responsables de transtornos como pérdida de coeficiente intelectual, autismo, hiperactividade, falla de altención, obesidade, infetilidade masculina, cancro,…

Co fin de constatar a toxicidade e o dano epidemiolóxico, os científicos aplicaron os métodos de traballo do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, da Organización Mundial da Saúde e da Axencia de Protección do Medio Ambiente de Dinamarca.

A carón disto atopamos a inanición da Comisión Europea,  obrigada a definir criterios para os pesticidas alteradores endocrinos antes de finais de 2013, e dos que aínda non se sabe nada. Por este incuprimento foi denunciada nun primeiro momento por Suecia, e logo por varios estados da Unión Europea e o Parlamento Europeo (ver nova na ligazón).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS