Financiado por:
/ Portada / Delegados

O correo electrónico como causa da suba do estrés laboral

14-06-2013 - PSICOSOCIAL

Enviar e ler mensaxes de correo electrónico eleva o nivel de estrés incluíndo aumento da presión, aceleración do ritmo cardíaco e aumento dos niveis da hormona cortisol, segundo un estudo realizado na Universidade de Loughborough, Reino Unido.

O estudo realizado a 30 funcionarios encontrou que os síntomas de estrés aumentaron un 83% durante o uso habitual de correo electrónico, chegando mesmo ao 92% cando se fala por teléfono e se utiliza o correo electrónico ao mesmo tempo.

O principal problema respecto ao estrés do correo electrónico é a cantidade diaria que o traballador recibe e non un único email, xa que este de forma individual non é necesariamente máis estresante que unha chamada de teléfono ou falar con alguén cara a cara, segundo puntualiza o estudo recollido por The Telegraph.

Segundo o profesor Tom Jackson, quen dirixiu o estudo, a clave está en que "o cerebro só pode ocuparse de oito a doce tarefas á vez e se vostede non pode pechar esas tarefas, a persoa comeza a sobrecargarse e a fatigarse.

Jackson tamén recalca a importancia dos smartphones como un dos factores de aumento de estrés pois "os dispositivos multifuncionais como Blackberrys e iPhones permiten que os traballadores sexan accesibles as 24 horas do día, como nunca antes o foran, debido a isto, é probable que haxa un aumento nos niveis de estrés".

 

eleconomista.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS