Financiado por:
/ Portada / Delegados

O cerebro das mulleres é máis activo que o dos homes

19-09-2017 - PSICOLOXÍA

Segundo un estudo liderado polo fundador de Amen Clinics, Daniel G. Amen, e publicado recentemente no Journal of Alzheimer's Disease, as mulleres teñen un cerebro máis activo que os homes especialmente na cortiza prefrontal e nas áreas emocionais; os homes tiñan máis activas as zonas onde se controla a visión e a coordinación.

Para chegar a esta conclusión comparáronse 46.034 estudos de imaxes cerebrais realizados coa técnica de tomografía computarizada de emisión de fotón único (Spect) proporcionados por nove clínicas. En total, analizáronse a 119 persoas sas e 26.683 pacientes con traumatismo cerebral, trastorno bipolar, esquizofrenia ou trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).

Ademais, os científicos observaron un total de 128 rexións cerebrais. Desta forma, comprobaron que o cerebro das mulleres era máis activo en moitas áreas cerebrais, especialmente na cortiza prefrontal e nas áreas emocionais. Con todo, os homes tiñan máis activas as zonas onde se controla a visión e a coordinación.

Os achados sobre o aumento do fluxo sanguíneo da cortiza prefrontal nas mulleres en comparación cos homes poden explicar por que elas tenden a mostrar maiores fortalezas nas áreas de empatía, intuición, colaboración, autocontrol e preocupación apropiada.

Así mesmo, a xuízo dos especialistas, o aumento do fluxo sanguíneo nas áreas límbicas do cerebro das mulleres, tamén pode explicar os motivos polos que as mulleres son máis vulnerables á ansiedade, a depresión, o insomnio e aos trastornos alimentarios.

Fonte. Redacción Médica

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS