Financiado por:
/ Portada / Delegados

O cancro laboral pode previrse case sempre

28-03-2014 - HIXIENE

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro, a British Occupational Hygiene Society (BOHS) fixo público un comunicado poñendo de relevo o número inaceptablemente alto de mortes por cancro profesional, e pedindo ao goberno británico, os empresarios, os traballadores e o público en xeral que se conciencien de que tales cancros se poden previr.

As últimas estatísticas publicadas polo Health and Safety Executive (HSE), o organismo que regula e controla a saúde laboral, indican que no Reino Unido preto de 8.000 mortes por cancro e 13.500 dos novos casos de cancro diagnosticados cada ano poderían deberse a exposicións relacionadas co traballo.

Por outra parte, o estatístico médico Dr. Lesley Rushton advertiu na última Conferencia Anual BOSH 2013 de que se non se fai nada, as mortes anuais por cancros profesionais evitables, en 2060 se situarán en 13.000 casos ano, 5.000 por enriba do nivel actual.

A exposición laboral é a terceira causa máis importante de cancro, despois do tabaco e o consumo de alcohol, e representa aproximadamente o 4% de todos os cancros.

No Día Mundial contra o Cancro, a BOSH quixo dar a coñecer algúns datos importantes sobre os cancros relacionados co traballo:

Non obstante, todos estes tipos de cancro pódense previr a través dunha mellor identificación dos riscos laborais. De feito, BOSH cre que enfocando apropiadamente os esforzos, case todos os cancros laborais se poden previr.

Ao comentar sobre o tema, Steve Perkins, presidente executivo de BOSH, dixo: "É ben sabido que as exposicións no lugar de traballo a moitos pos, produtos químicos e outros contaminantes causan cancro e, non obstante esta interfase entre os traballadores e o seu ámbito continúa sendo controlada de forma ineficaz, a pesar da dispoñibilidade de técnicas de hixiene ocupacional de probada eficacia para reducir os riscos. Así que hoxe no Día Mundial contra o Cancro, BOSH pide ao goberno, os empresarios e os representantes dos traballadores que se unan a nós nos nosos plans para eliminar o cancro profesional no Reino Unido e reducir a carga inflixida á poboación traballadora".

 

Fonte: BOHS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS