Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O ano pasado rexistráronse máis de 10.000 enfermidades causadas polo traballo no estado español

11-11-2011 - Saúde laboral

No 2010 rexistráronse 11.069 patoloxías non traumáticas, cuxo orixe é a actividade laboral, segundo o último informe elaborado polo observatorio de enfermidades profesionais causadas ou agravadas polo traballo (PANOTRASS). Destas patoloxías 10.434 son enfermidades causadas polo traballo, e 635 son enfermidades agravadas mentres se desenvolve a actividade laboral.

Das enfermidades causadas polo traballo, as do aparello locomotor son as que máis afectan aos traballadores. Así máis 5.800 persoas sufriron esta patoloxía que afecta principalmente ás costas e a columna vertebral.

As enfermidades dos sentidos é a segunda causa de baixa laboral por enfermidade, afectando a case 2.200 persoas ao ano, maioritariamente en danos producidos nos ollos.

As enfermidades no sistema central e periférico son a terceira causa de enfermidades profesionais, superando os 700 casos ao ano, englobándose aquí os trastornos localizados dos nervios, e as enfermidades agudas do sistema central.

As enfermidades da pel son a cuarta causa de baixa laboral, sumando 642 casos, mentres que as enfermidades mentais eríxense como a quinta causa, con 191 padecementos; dos que os máis significativos son as desordes mentais, afectivos, fóbicos e neuróticos.

As feridas ou lesións atópanse en sexto lugar, e as enfermidades do sistema cardiocirculatorio aparecen como a sétima causa de baixa laboral, manifestada en enfermidades cardíacas isquémicas, enfermidades na circulación cerebral, nas veas, ou no sistema circulatorio.

Pola contra, as patoloxías que menos sofren os españois traballando son as enfermidades do sistema dixestivo, das vías respiratorias, ou as enfermidades endocrinas.

Actualmente concédense máis de 42.200 pensións ocasionadas por enfermidades profesionais, das cales 13.320 pertencen a pensións de incapacidade permanente.

Fonte de Datos: noticiasmedicas.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS