Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Xulgado do Social Nº4 de Bilbao recoñece incapacidade permanente a un traballador afectado por silicose simple

27-02-2019 - SENTENZA

A pesar de que o traballador se atopaba en situación de desemprego e padece unha silicose simple, grao de doenza que non adoita recoñecerse como incapacitante salvo que apareza asociada a broncopatía, cardiopatía ou tuberculose, a sentenza estima a incapacidade debido a que as empresas non achegaron probas que acrediten que o traballador poida ser recolocado nelas en postos sen exposición a po de sílice.

O traballador traballou como canteiro en diversas empresas durante 19 anos, e na última delas estivo a traballar como peón de albanelería. Durante o xuízo quedou acreditado que na maioría delas había exposición a po de sílice.

O traballador presenta a silicose simple asociada a outra patoloxía como a tuberculose, pero ao ser esta última latente e non activa, estímase que o que procede é a incapacidade debido a que padece unha enfermidade de tipo progresivo. Aínda que permaneza asintomático e a tuberculose latente, como é o caso, “o seu estado de saúde impídelle estar exposto a risco de exposición ao cristal de sílice”.

O Xulgado emitiu  a sentenza pola que estima que a silicose simple que padece o traballador é susceptible de recoñecerse como unha incapacidade permanente total derivada de enfermidade profesional.

Segundo a sentenza a conxunción de todos os factores expostos implica que o traballador “atópase imposibilitado para o exercicio da súa profesión habitual como peón especialista albanel”.

Condénase por todo iso á Seguridade Social e a Mutualia ao pago da correspondente prestación económica segundo os tempos de exposición e aseguramento das continxencias profesionais en cada unha das empresas.

Fonte: Prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS