Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Supremo obriga a Caixabank a modificar a súa política preventiva

06-04-2016 - XURISPRUDENCIA

O Tribunal Supremo ratifica a Sentenza da Audiencia Naciónal de maio de 2014, na que condenaba a Caixabank a realizar correctamente a identificación de riscos psicosociais e, unha vez foran identificados, a adoptar as medidas correctoras e eliminadoras dos mesmos, incluídos cambios organizativos, comerciais e medidas preventivas.

No ano 2011, o sindicato accionante, denuncia a Caixabank diante da Inspección de Traballo porque non se fai unha correcta identificación dos riscos psicosociais na avaliación de riscos laborais. Ante a negativa da Dirección aos requirimentos da Inspección de Traballo, en febreiro de 2013 presenta demanda na Audiencia Nacional.

En maio de 2014 a Audiencia Nacional estima a demanda formulada e declara “que o método e procedemento seguidos pola empresa CAIXABANK, S. A. para levar a cabo a identificación dos riscos psicosociais nos seus centros de traballo, en base ao informe de "Identificación ou análise inicial de riscos para a avaliación psicosocial básica" … non é adecuado para a pretensión da empresa de non realizar unha avaliación de riscos psicosociais. E en consecuencia debemos condenar e condenamos á empresa demandada a estar e pasar por esta declaración e que, proceda a realizar correctamente unha identificación de riscos laborais de orixe psicosocial. Unha vez identificados estes riscos, adóptense as medidas correctoras e eliminadoras dos mesmos. No caso de quedar algúns latentes, que non se puideron eliminar, efectúese unha avaliación dos devanditos riscos cun procedemento que proporcione confianza sobre o seu resultado. Establecer, no seu caso, segundo os resultados obtidos na avaliación de riscos efectuada, as correspondentes medidas preventivas, aplicalas ou planificar a súa execución. Para levar a cabo todo o anterior, deberá contar coa participación e consulta do Comité Único de Seguridade e Saúde Laboral constituído na devandita entidade.”

Caixabank interpón Recurso de Casación e o Tribunal Supremo dita Sentenza en febreiro de 2016, ratificando a Sentenza da Audiencia Nacional.

CaixaBank deberá modificar a súa política preventiva sobre os riscos psicosociais derivados do traballo e repetir a avaliación de riscos utilizando un método fiable e obxectivo e coa participación efectiva dos representantes dos traballadores e as traballadoras. 

Acceso á Sentenza da Audiencia Nacional.

Acceso á Sentenza do Tribunal Supremo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS