Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Supremo considera un infarto como accidente laboral

06-06-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

O Tribunal Supremo conclúe que a presunción de accidente de traballo non se exclúe porque se acreditou que o traballador padecese a enfermidade con anterioridade ou porque se presentaron síntomas antes de iniciarse o traballo, porque o que se valora a estes efectos non é a acción do traballo como causa da lesión cardíaca, o que se valora é a acción do traballo no marco do art. 115.2.f) LXSS, como factor desencadenante dunha crise, que é a que leva á situación de necesidade protexida.

O condutor dun camión sufriu un infarto leve, deixando a descarga do camión para acudir a un centro médico polo seu propio pé. O actor acudiu ao centro de saúde, ingresou no servizo de urxencias e foi diagnosticado de infarto agudo de miocardio. A empresa non elaborou o parte de accidente de traballo. O traballador estivo en situación de IT por enfermidade común e solicitou o cambio de continxencia da incapacidade, que foi denegado. O Tribunal Supremo, en Sentenza do 8 de marzo de 2016, a declara profesional 3 anos e 7 meses despois.

O Tribunal Supremo conclúe que a presunción de accidente de traballo non se exclúe porque se acreditou que o traballador padecese a enfermidade con anterioridade ou porque se presentaron síntomas antes de iniciarse o traballo, porque o que se valora a estes efectos non é a acción do traballo como causa da lesión cardíaca, o que se valora é a acción do traballo no marco do art. 115.2.f) LXSS (as enfermidades ou defectos, padecidos con anterioridade polo traballador, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente) como factor desencadenante dunha crise, que é a que leva á situación de necesidade protexida.

E esta posible acción do traballo benefíciase da presunción legal do art. 115.3 (presumirase, salvo proba en contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar do traballo) e non pode quedar excluída só pola proba de que a enfermidade se padecía xa antes; pois, aínda que así fóra, é a crise e non a doenza previa a que hai que ter en conta a efectos de protección.

Por este motivo, o Tribunal Supremo estima favorablemente a demanda, declarando que a incapacidade temporal recoñecida ao actor deriva de accidente de traballo.

Acceso á Sentenza do Tribunal Supremo do 8 de marzo de 2016

Noutra sentenza do 10 de decembro de 2014, un oficial da construción tamén tivera un amago uns días antes, constando na sentenza que “existindo unha patoloxía previa, esta agravouse estando o traballador no centro de traballo desempeñando o seu labor e con ocasión de realizar un esforzo”.

En ambas os traballadores tiñan unha doenza previa, as súas circunstancias espaciais son completamente diferentes e supón aplicar o mesmo criterio a casos distintos. En concreto, na STS de 2014 a doenza iníciase no traballo e tivo “toda a súa intensidade” fóra del, durante o descanso para comer. Mentres que nesta ocorre ao revés, a doenza iníciase antes do traballo e desencadéase nel.

Para que un infarto non se considere laboral, a carga da proba corresponde a INSS, TXSS, Mutua, servizo público de saúde e empresa, e débese centrar en demostrar que non existe nexo causal entre o infarto e o traballo.

Aínda que como consta na sentenza e esta é a súa novidade: “faise difícil nos casos das lesións cardíacas”.

Ligazón á Sentenza do Tribunal Supremo de 10 decembro 2014

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS