Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirma una sentenza de accidente laboral por sensibilidade química múltiple

03-09-2020 - SENTENZA

Segundo o TSXG quedou acreditada a relación causal entre as condicións nas que a actora prestaba o seu traballo e a síndrome de sensibilidade química múltiple que sufriu e provocou a súa baixa laboral. A proba practicada demostra que a síndrome se iniciou no lugar de traballo pois ademais, e segundo manifestación do técnico superior en prevención de riscos laborais autor do informe achegado pola actora, nel existían substancias desencadenamentos que lle xeraban unha resposta sintomatoloxica.

"... Como tamén resulta do informe do servizo de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, na limpeza das oficinas utilizábanse produtos que conteñen amoníaco e lixivia, xerando molestias ás persoas máis sensibles cara aos axentes químicos".

"Habemos de traer aquí a crítica xustificada que se recolle no informe do técnico superior en prevención de riscos laborais achegado pola actora, no que se di que en tanto que os informes de Inspección de traballo e do Servizo de prevención de riscos laborais da Xunta de Galiza non realizaron unha avaliación dos riscos químicos e biolóxicos, non valoraron correctamente os riscos hixiénicos e biolóxicos aos que estaba exposta a actora, cuxos procedementos de avaliación están regulados no Real Decreto 39/1997, que aproba o regulamento dos servizos de prevención; o Real decreto 374/2001, sobre a protección da saúde e seguridade dos a traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo, e o Real Decreto 664/1997, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición axentes biolóxicos durante o traballo".

Ligazón á Sentenza

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS