O TSXG ondena a unha empresa por un accidente in itínere dun traballador nocturno ao que a empresa impediu descansar28-01-2020 - SENTENZAA sentenza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia impón a recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade A sentenza de instancia desestimou a demanda articulada polo traballador, pero agora en suplicación apréciase a concorrencia da vulneración ou omisión de medidas de seguridade por parte da patronal demandada a efectos de impoñer á empresa a recarga prevista legalmente. |
---|
Foi a empresa a que decidiu que dous dos seus traballadores asistisen a unha reunión en Palencia a unha hora -as 9:00- na que se lles privaba da posibilidade de efectuar o descanso regulamentario entre xornadas despois de que traballasen en horario nocturno dende as 22:00 do día anterior ata as 6:45horas, sufrindo un accidente de circulación por saída da vía do vehículo que debe cualificarse como accidente de traballo pola situación psicofísica do piloto en atención á falta de descanso e consecuente diminución das facultades necesarias e esixibles para conducir o vehículo.
O demandante foi desprazado pola empresa para a que prestaba servizos para a realización das obras de conservación e mantemento do corredor Norte-Noroeste da liña de alta Velocidade, realizándose as obras pola noite, en horario nocturno das 22:00 ás 6:45 horas.
Tras abandonar o traballador o seu posto de traballo sobre as 6:27 horas dirixiuse ao hotel concertado pola empresa no que se hospedaba e desprazouse con outro traballador a unha reunión convocada pola coordinadora de seguridade das obras en Palencia, por mandato do encargado; foi ao terminar a reunión cando sufriron un accidente de circulación ao sairse o vehículo da vía.
O accidente de circulación tivo como causa directa a vulneración ou omisión de medidas de seguridade por parte da patronal ao non respectar as medidas racionalmente esixibles para a prevención dos riscos no desenvolvemento da actividade laboral, o debido descanso do traballador.
Foi en cumprimento dunha orde da empresa o que determinou que o traballador, e un compañeiro de traballo que conducía o vehículo, para asistir a unha reunión sen poder gozar do tempo de descanso unha vez finalizado a súa quenda de traballo sufrisen o accidente.
Fonte: Estrelladigital