Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O TSJ considera accidente laboral a morte dun traballador por infarto

05-12-2012 - ACCIDENTE LABORAL

A morte «súbita e inesperada» dun traballador da construción acontecida ao sufrir unha insuficiencia cardíaca aguda cando prestaba os seus servizos nunha obra situada en Alguazas debe ser considerada accidente laboral, segundo determinou a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia (TSJ).

A sentenza desestima así o recurso que Activa Mutua 2008 presentou contra a resolución dun Xulgado do Social que en maio de 2011 declarou a existencia do accidente laboral e condenou tanto á mutua coma á empresa para a que traballaba o falecido, Rozas Valle de Ricote, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social.

O xuíz declarou como feitos probados que o óbito se produciu o 13 de setembro de 2010 «por causa dun edema agudo de pulmón producido por unha fibrilación ventricular derivada dunha insuficiencia cardíaca aguda, segundo o informe forense».

A sentenza, que admitiu a demanda presentada pola viúva e os fillos, engadía que «non» consta que o traballador se achase afecto a patoloxía cardíaca previa ningunha».

Ao desestimar o recurso da mutua -á que condena ao pagamento de 250 euros ao avogado dos familiares do falecido en concepto de costas- o TSJ sinala que era aquela a que «estaba obrigada a acreditar que a causa do óbito non estaba relacionada co traballo, e tal proba non se produciu», polo que confirma a consideración como accidente laboral.

 

Fonte: laverdad.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS