Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Parlamento Europeo insta á Comision europea a revisar a autorización de comercialización do glifosato

15-04-2016 - Saúde

Na sesión plenaria do día 13 de abril, o Parlamento Europeo aprobou unha Resolución sobre o proxecto de Regulamento de Execución da Comisión polo que se renova a aprobación da substancia activa glifosato. Nesta resolución o Parlamento, facéndose eco da inquietude sobre os efectos carcinogénicos e de alteración endocrina atribuídos ao glifosato, considera que a Comisión Europea debe renovar a autorización de comercialización na UE só por sete anos, en lugar dos quince propostos, e exclusivamente para uso profesional.

Nunha resolución non vinculante aprobada por 374 votos a favor, 225 en contra e 102 abstencións, os eurodeputados piden á Comisión que aprobe só os usos profesionais do glifosato e que reconsidere ese permiso cando a Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas presente a clasificación harmonizada do glifosato. Así mesmo se solicita que se efectúe unha revisión independiente da toxicidade e clasificación do glifosato baseado non solo nos datos dispoñibles sobre os seus efectos carcinoxénicos senon tamén sobre o seu potencial de alteración endocrina e urxe ao executivo comunitario a publicar todas as probas científicas nas que se basóu a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) para clasificar positivamente o glifosato e recomendar a renovación da súa autorización..

O Parlamento europeo ten en consideración, entre outras cousas, que o glifosato é un herbicida non sistémico, que mata a todas as plantas, que o seu emprego se ten multiplicado por 260 nos últimos corenta anos, que aínda que o 76% do seu uso está centrado en tarefas agrícolas, tamén se emprega en silvicultura, xardinería e entornos urbanos, que se atoparon restos na auga, os solos, alimentos, bebidas así como no corpo humano, que a exposición vai en aumento debido as grandes cantidades que se empregan e que non está abierto o debate en relación ás propiedades carcinóxenas do glifosato.

Ligazón á Resolución do Parlamento Europeo, de 13 de abril de 2016, sobre o proxecto de Regulamento de Execución da Comisión polo que se renova la aprobación da substancia activa glifosato con arreglo ao Regulamento (CE) n.o 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello relativo á comercialización de productos fitosanitarios e se modifica o anexo del Regulamento de Execución (UE) n.o 540/2011 (D044281/01 – 2016/2624(RSP))

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS