Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Ministerio de Empleo impón a maior multa en Prevención de Riscos Laborais dos últimos 15 anos en Asturias

04-07-2013 - Accidente laboral

O Ministerio de Emprego imporá a maior multa por neglixencias en Prevención de Riscos Laborais dos últimos 15 anos en Asturias: 500.000 euros. A Inspección de Traballo de Asturias finalizou a instrución do accidente por metais pesados que se produciu entre os días 19 de novembro e 3 de decembro de 2012 nas instalacións da empresa en San Juan de Nieva. O encargado da investigación, propuxo sancionar tamén á subcontrata para a que traballaban os 50 afectados. A multa para a subcontrata supera os 160.000 euros. O Ministerio de Emprego considera a ésta última corresponsable do máis grave sinistro por intoxicación de mercurio producido en Europa occidental nos últimos vinte anos.

As dúas propostas de sancións foron comunicadas xa ás empresas afectadas, aos representantes sindicais personados na causa e á xuíza de Instrución Número 4 de Avilés, que é a que se encarga da investigación penal do caso.
O informe do Inspector de Traballo inclúe tamén unha recarga de prestacións aos traballadores intoxicados. Esta recarga, ascende ao 50 por cento do diñeiro cobrado durante o período de baixa. A cantidade que deberán percibir as vítimas do accidente computará desde o día en que se produciu o sinistro e ata que o afectado reciba a alta médica.
As neglixencias observadas céntranse principalmente na ausencia dun medidor de mercurio nas instalacións e pola falta de equipos de protección individual  axeitados para a obra que realizaron os empregados da subcontrata: o cambio de máis de 3.400 tubos do intercambiador número 4 da planta de tostación da empresa contratista.
O accidente descubriuse o 3 de decembro pasado, cando ingresou por urxencias no Hospital San Agustín o primeiro do sete traballadores que foron hospitalizados: un deles ademais precisou de quelantes. Os valores límite biolóxicos (VLB) das primeiras vítimas de envelenamento superaron os 900 microgramos de mercurio por litro de sangue (o límite máximo estaba en 15 microgramos, pero un cambio normativo rebaixouno a 10).
A empresa que realizou a contratación nunca recoñeceu publicamente as graves consecuencias do accidente. O director médico da planta falou de «un fallo na prevención».

Fonte: prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS