Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Fondo de Reserva reduce un 26% o ingreso patrimonial da Seguridade Social

17-10-2016 - Seguridade Social

A retirada de cartos do Fondo de Reserva da Seguridade Social para pagar as pensións, está a ter un efecto engadido consistente na reduccón drástica dos ingresos que chegan á Seguridade Social derivados do rendemento dos seus investimentos. Así ata o mes de agosto as rendas patrimoniais do instituto público supuxeron 1.110 millóns de euros, unha baixada do 25,7% en relación ao recaudado no pasado ano 2015, a baixada máis forte e pronunciada dende o ano 2013, coas negativas consecuencias que iso ten para unha hucha das pensións xa de por sí esquilmada, tendo e conta a gran importancia dos mesmos para a súa viabilidade.

Ao día de hoxe 9 de cada 10 euros que ingresa á Seguridade Social polo rendemento do seu patrimonio proceden do Fondo de Reserva, proporción que podería ser aínda maior de non ser polas decisións políticas que comezaron a adoptarse a finais do ano 2012 de detraer cartos do Fondo de Reserva, o que fixo que os seus activos pasaran dos 66.815 millóns de euros de entón aos 24.207 millóns de euros de agora. Causa principal ista para que neste curto período de tempo os ingresos anuais que recibe a Seguridade Social por este concepto de rendimento patrimonial, pasaran dos 3.311,11 millóns de euros aos 1.633,51 millóns actualmente previstos para o ano 2016; 1.677,60 millóns de euros de diferencia que subpoñen unha importantísima reducción de ingresos do 50,66%.

Desgrazadamente e moi probable que ista tendencia continúe, xa que no mes de xullo voltouse a tomar a decisión política de sacar outros 9.700 millóns de euros da hucha das pensións, de tal xeito que si como é previsible este ritmo de extracción continua, nuns poucos anos o Fondo de Reserva verase totalmente esgotado; máxime se temos en conta que os rendimentos patrimoniais supoñen a fonte fundamental de finanzamento do Fondo de Reserva.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS