Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Estado español recoñece a sensibilidade química múltiple

13-11-2014 - SAÚDE LABORAL

O Estado español recoñeceu oficialmente a sensibilidade química múltiple (SQM) ao incorporala á súa Clasificación Internacional de Enfermidades ou CIE (o sistema co que a Sanidade clasifica e codifica os seus diagnósticos). Esta é a fórmula autorizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para que un goberno -baixo certas pautas- poida oficializar as doenzas dos seus cidadáns que ela aínda non catalogou a nivel internacional. Desta forma ou Estado español súmase á lista que recoñecen a SQM, como Alemaña (2000), Austria (2001), Xapón (2009), Suíza (2010) ou Dinamarca (2012).

Un recoñecemento longamente esperado
O recoñecemento era unha antiga reivindicación do crecente número de afectados por esta enfermidade, que arrastran un calvario cotián porque "moitos dos produtos químicos comúns na vida diaria lles poden causar reaccións como dificultades para respirar, palpitacións, vómitos, irritacións na pel ou dores de cabeza recorrentes -apunta a deputada popular-. Por iso, a SQM cambia a vida dos que a padecen e obrígaos, en moitos casos, a vivir con innumerables medidas de prevención para non entrar en contacto, nin no aire, con eses produtos,". Así, saír á rúa ou entrar a unha tenda poden ser, para estas persoas, tarefa practicamente imposible.
A este padecemento engádeselle o do inadecuado trato que moitos destes enfermos reciben por parte do sistema sanitario, situación que se espera que o recoñecemento da enfermidade axude a cambiar progresivamente.

Pero se algo representa a inclusión da SQM en CIE A, é o máis elemental para un enfermo: que se recoñece a súa existencia sanitario-legal. Porque o que non aparece na CIE queda nun "limbo" administrativo, que para os pacientes de SQM implica "unha situación de completa indefensión -como admite a iniciativa na súa exposición de motivos-, posto que máis alá de sufrir os seus dolorosos efectos, non poden recibir por parte dos sistemas públicos de saúde a atención que merecen.
A situación destas persoas é moi difícil,.su intolerancia a substancias sintéticas frecuentemente empregadas na sociedade actual, aínda a niveis baixos aparentemente 'aceptables' para outras persoas dificúltalles extraordinariamente a súa vida cotiá porque os obriga con frecuencia a vivir confinados no seu fogar, case como 'persoas burbulla'; e a poñerse máscara as escasas veces que saen á rúa, no medio da incomprensión xeral.

A SQM afecta ao sistema nervioso central, pero tamén pode provocar disfuncións noutros sistemas como o respiratorio, o gastrointestinal ou o cardíaco. Trátase dunha "enfermidade emerxente" de "natureza" crónica e "tóxico ambiental" que provoca unha "resposta fisiolóxica fronte a multitude de axentes e compostos químicos" que poden encontrarse en ambientadores, colonias, produtos de aseo persoal, de limpeza, comida, auga da billa, roupa, cosmética, tabaco... Por todo iso, aínda que como noutras enfermidades a SQM teña graos e os seus síntomas varíen segundo os parámetros de saúde e ámbito "químico" do enfermo, é un problema de difícil manexo, que ademais "limita de forma moi notable a calidade de vida".

O Parlamento Europeo inclúea dentro do número crecente de enfermidades vinculadas a factores ambientais "Non en van vivimos nunha sobreabundancia diaria de substancias sintéticas, cada unha cun nivel distinto de certeza ou incerteza sobre os seus efectos na saúde, tanto de forma individual coma en sinerxía entre elas. Que aparecese algo como a SQM era cuestión de tempo", responsable do Servizo de Información sobre Sensibilidade Química Múltiple e Saúde Ambiental (SISS).

Próximos pasos

"Recoñecida xa a SQM, comentan o Fodesam (Fondo para a Defensa da Saúde Ambiental) e o SISS (Servizo de Información sobre Sensibilidade Química Múltiple e Saúde Ambiental) débese facer un seguimento para favorecer a súa implementación total e correcta no sistema sanitario, e por todos os seus profesionais. Neste sentido, o informe que se entregou ao Ministerio brinda unhas primeiras recomendacións".

"Ademais, o informe -recorda a súa autora- ofrece información inédita e documentación moi diversa sobre a SQM en relación aos países que a recoñecen, a Unión Europea, a OMS, Estado español...; e salienta máis de cen investigacións de calidade ("peer-reviewed") realizadas ata 2014. Se trata dun traballo que non se fixera ata agora e que difundiremos entre os profesionais e interesados, xa que cremos que facilitará a axeitada comprensión da enfermidade e a forma de afrontala por parte do sistema sanitario".

 

Fonte: saludgeoambiental.org

Ligazón á nova "Sensibilidade Química Múltiple"

Ligazón ao Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 11 (Sensibilidade Química Múltiple, SQM, e saúde laboral)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS