Financiado por:
/ Portada / Delegados

O 62% das persoas están expostas a agresións cutáneas no seu traballo

11-11-2013 - SAÚDE LABORAL

As molestias e síntomas cutáneos máis frecuentes entre a poboación prodúcense por efecto da calor (25%), o po (23%) e o frío (16%); ademais de polo contacto frecuente con látex (13%), produtos irritantes (10,8%), electricidade (12%), humidade (9%) e pola fricción (8%).

A sondaxe, realizada sobre unha mostra de case 2.500 persoas, mostra que as molestias máis frecuentes son sequidade ou escamación (73,9%), eritema (arrubiamento) (31%), cortes (23,5%) e dermatite de contacto (23%); en canto ás zonas, son especialmente sensibles os dedos e a cabeza, particularmente na pel dos labios e o nariz.

Outros problemas asociados a axentes agresores do ámbito son a aparición de trastornos localizados nas uñas (21,4%), gretas ou fisuras (19,7%), rabuños (18%), infeccións dos poros (acne/foliculite) (12,7%) e alteracións na cor da pel (12%).

Por outra parte, só un 38 por cento dos suxeitos incluídos no estudo desenvolvía a súa actividade profesional nun ámbito libre de factores irritantes ou agresores para a pel; mentres, só un terzo dos traballadores protexe a súa pel no ámbito laboral, sobre todo mediante o emprego de luvas (47%), calzado profesional (31%) e protección solar (27%).

Non obstante, a hidratación é a principal medida para o coidado da pel das persoas incluídas no estudo. Os enquisados adquiren a maior parte dos produtos hidratantes na farmacia (58%) e parafarmacia (31%).

O barómetro constata que as actividades que implican esforzo físico e aquelas que se desenvolven ao aire libre están asociadas cunha maior porcentaxe de problemas cutáneos, que nestes casos pode alcanzar o 33 por cento. Así, os traballadores agrarios e os que desempeñan traballos que non requiren cualificación son os profesionais máis expostos, mentres que os empresarios e administrativos están expostos en menor grao.

Por outra parte, o barómetro destaca que a poboación incluída no traballo declara lavarse as mans unha media de 8 veces ao día, o 95,3% con xabón. Non obstante o tempo que lle dedican (46,5%) son menos de 10 segundos fronte ao recomendado que son 20 segundos. É notorio tamén que 1 de cada 3 enquisados non se lava as mans tras ir ao baño.

Así mesmo, o médico de cabeceira é o profesional sanitario ao que con maior frecuencia os pacientes acudirían como primeira opción, seguidos dos farmacéuticos e os dermatólogos. Na práctica, preto do 50 por cento dos enquisados consultan ao farmacéutico a causa dos problemas dermatolóxicos relacionados coa súa actividade laboral, máis da metade dos traballadores enfróntanse aos síntomas sen acudir á consulta dun especialista.

Entre os que si o fan, máis do 75 por cento dos enquisados declaran ter tardado unha semana ou máis en acudir un profesional para abordar os problemas dermatolóxicos relacionados coa súa actividade laboral.

 

Fonte: Europapress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS