Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O 61% dos traballadores cre que a súa saúde empeorou desde o inicio da crise a causa do estrés

20-12-2013 - Psicosocial

O 61% dos traballadores cre que a súa saúde empeorou desde o inicio da crise a causa do estrés, segundo mostrou un estudo global realizado por Regus, que desvela que o 75 por cento deles cre que esta situación podería mellorar se as empresas implantasen métodos de traballo máis flexibles. E é que, as doenzas causadas polo estrés poden empeorar o estado de saúde ou desencadear problemas que abarcan desde a obesidade até enfermidades cardíacas, pasando polo Alzheimer, diabetes, depresión, problemas gastrointestinais ou asma. De feito, segundo a investigación, o 40 por cento dos traballadores do estado español padeceu insomnio nalgunha ocasión a consecuencia do traballo.

Así mesmo, a enquisa tamén determinou que, no Estado español o estrés está a provocar un aumento preocupante do absentismo (36%) respecto de inicios da crise, prexudicando a produtividade das empresas e o benestar do traballador. A principal razón do aumento do estrés entre os traballdores do Estado español segue sendo a preocupación por perder o emprego (58%) xa que, o 62% afirma sentirse menos seguro no seu sector de traballo.

Doutra banda, o aumento do estrés está a afectar ás relacións persoais. Neste sentido, o 52% dos enquisados afirma que os seus familiares e amigos perciben a tensión laboral ao que está sometido e o 38% dos traballadores recoñece que está a afectar ás súas relacións persoais cos compañeiros de traballo.

"A complicada situación económica e a taxa de crecemento sen precedentes das economías emerxentes supuxeron unha carga para as empresas e os seus empregados. Espérase que os traballadores fagan máis con menos. Isto pasou factura até o punto de que moitos dos afectados atópanse ao bordo da extenuación", comentou o responsable da enquisa.

Finalmente, o estudo remarcou que as empresas proactivas nas que se aborda o estrés dos traballadores con solucións como o traballo flexible, teñen máis posibilidades de conseguir un ambiente máis saudable, reducir o absentismo e mellorar a produtividade.

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS