Financiado por:
/ Portada / Delegados

O 43,5% dos accidentes laborais mortais son causados por enfermidades cardiovasculares

06-06-2017 - Saúde laboral

Segundo a Fundación Española do Corazón (FEC) o 43,5% dos accidentes mortais que se producen no traballo son consecuencia dun infarto ou dun accidente cerebrovascular. Estos datos se desprenden do informe "Estatísticas de Accidentes de Traballo" elaborado en 2016 (que fai referencia a datos do ano 2015) elaborado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. "É importante destacar que, contrariamente ao que percibe a poboación xeral, a enfermidade cardiovascular non só ocorre entre a poboación envellecida, senón que segue sendo principal causa de morte na poboación activa" indica o vicepresidente da FEC. "Ademais, tamén cabe destacar que segundo o Ministerio cada ano prodúcense unhas 23.000 baixas laborais por enfermidades do sistema cardiovascular".

Segundo os datos facilitados no informe cada ano prodúcense unhas 23.000 baixas por enfermidade cardiovascular no Estado español.


Atendendo a datos da Enquisa Nacional de Saúde, o 35,3% dos traballadores/as ten un risco cardiovascular alto coa presenza de tres ou máis factores de risco (sedentarismo, obesidade, sobrepeso, tabaquismo, consumo excesivo de alcol, diabetes, hipertensión e/ou colesterol elevado).


Segundo as conclusións do estudo de poboación traballadora, o 26,1% da poboación traballadora enquisada considera o seu traballo estresante ou moi estresante; o 13,1% presenta hipercolesterolemia (un 14,8% homes e un 11% mulleres; o 10,6% padece hipertensión (un 12,7% homes e un 8,1% mulleres); o 3,2% presenta diabetes; o 29,4% fuma diariamente; o 13,8% da poboación enquisada consome alcol a diario, sendo o consumo moito máis elevado entre homes (20,1%) que entre mulleres (6,2%); ademais o 41,9% da poboación traballadora declara non realizar actividade física no tempo libre (o 45,8% mulleres e un 38,6% homes); o 34,3% ten un traballo sedentario pasando a maior parte da súa xornada laboral sentada/o; o 35,8% presenta sobrepeso (46,5% homes e 23,2% mulleres) e o 13% obesidade (o 16,2% homes  e o 9,4% mulleres); así mesmo o 28% da poboación consultada manifesta un consumo insuficiente de froita e verdura.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS