Financiado por:
/ Portada / Delegados

Nunha sentenza histórica o Tribunal Supremo do Canada estabelece que os/as traballadores/as que enfermaron por mor do seu traballo, non terán necesariamente que probar cientificamente a orixe da súa doenza

18-08-2016 - SENTENZA

O Tribunal Supremo de Canadá ditaminou por sete votos a favor fronte a un en contra, que os traballadores que enfermaron polas sustancias perigosas que maipulaban no traballo non é necesario que o demostren con certeza científica para poder recibir unha compensación laboral.

Os membros do sindicato de sanitarios (HSA) Kristina Hammer, Patricia Schmidt e Anne MacFarlane son tres dos sete técnicos de laboratorio, dun total de 63 que desenvolveron cancro de mama despois de traballar nun hospital durante un período de 20 anos.

Os seus cancros producíronse a unha velocidade oito veces maior do inicialmente previsto. As técnicas de laboratorio culparon á súa contorna de traballo que, sobre todo ao principio das súas carreiras, significou traballar con disolventes e reactivos que contiñan carcinóxenos coñecidos.

Ata 1994, a entrada de aire do seu laboratorio estaba preto do incinerador do hospital onde se queimaban refugallos médicos que contiñan plásticos e produtos químicos. O Tribunal Supremo considerou que Katrina Hammer, Anne MacFarlane e Patricia Schmidt tiñan dereito as compensacións económicas previstas no caso de enfermidades de orixe laboral que afectan a traballadores.

A Administración Pública empregadora, a Autoridade de Saúde de Fraser, opúxose ás revindicacións e demandas dos traballadores/as durante máis dunha década.

O presidente do sindicato sanitario HSA, Val Avery, dixo: "Fai  xa case15 anos, estes membros do sindicato embarcáronse nunha campaña para acadar as compensacións que lles correspondían pola súa enfermidade. Hoxe en día son os responsables de establecer un precedente importante para todos os traballadores/as”.

O avogado do sindicato, Tonie Beharrell, dixo: "Se hai probas de que os factores ocupacionais influíron na saúde dos traballadores, un tribunal pode considerar toda as probas de que dispoña, incluíndo probas circunstanciais, e, neste caso, aprobar a cobertura de compensación ao traballador”.

Na súa sentenza, o Tribunal Supremo de Canadá ditaminou: "Aínda que o grao en que se fundamentou tal decisión non incluía evidencias científicas, o Tribunal, con todo, baseouse noutras probas que, consideradas razoablemente, eran capaces de xustificar unha relación causal entre o cancro de mama das traballadores e as condicións que soportaron no se lugar de traballo".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS