Financiado por:
/ Portada / Delegados

Novos e futuros riscos nos empregos verdes: cómo abordarlos

18-03-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

O sector dos empregos verdes é un sector en rápida expansión onde é probable que xurdan riscos novos e emerxentes. Por este motivo, en novembro de 2013, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo organizou un seminario en Bilbao coa súa rede de autoridades nacionais de seguridade e saúde no traballo. O debate centrouse na maneira de abordar os riscos novos e emerxentes identificados no estudo prospectivo da EU-OSHA e en como crear empregos verdes máis seguros e saudables no futuro.

No resumo do seminario, ofrécese información sobre a planificación e a toma de decisións en materia de empregos verdes dirixida aos responsables políticos, sindicatos e empresarios de Europa.

O seminario baseouse nos resultados do estudo prospectivo, de dous anos de duración, encargado pola EU-OSHA.

Resultados do estudo prospectivo (en inglés)


Máis información sobre a SST nos empregos verdes: visión de conxunto

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS