Financiado por:
/ Portada / Delegados

Novo criterio do Tribunal Supremo para baremar a indemnización nun accidente de traballo

29-05-2015 - sentenza

O noso corpo no seu conxunto e cada unha das súas partes en particular, ten un "valor económico" cuias cuantías poden consultarse no Boletín Oficial do Estado. A cuantía axústase en función de valores como a idade, o tamaño da rede familiar máis achegada e os ingresos. No caso dos accidentes laborais, hai un valor fixo para as lesións de carácter definitivo non invalidantes, é decir aquelas que non teñen cura pero que non impiden seguir traballando; ademáis da valoración destas lesións, que corre a cargo da Mutua, pódese reclamar danos e prexuízos por responsabilidade civil derivados dun accidente de traballo; para este fin, recúrrese como referencia de xeito habitual ao baremo de tráfico, disposición legal de referencia que permite establecer os valores de indemnización .

Este baremo, que se actualiza anualmente, recóllese no Real Decreto Lexislativo 8/2004, texto refundido da ley sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor; actualmente está en tramitación un Proxecto de Lei de reforma do sistema para a valoración dos danos e prexuízos causados ás persoas en accidentes de circulación.

A adaptación do baremo de tráfico para indemnizar ás vítimas de un accidente laboral provoca certas disfuncións, como é o feito de que no mesmo non se contempla se as posibles vítimas teñen actividade laboral, aínda que aparece un factor de corrección segundo os ingresos, que poden ou non depender do traballo.

A xurisprudencia laboral ten estabelecido a necesidade de ponderar as circunstancias concurrentes para determinar cal é a parte da indemnización que corresponde a lucro cesante, ou cantidade que se deixa de gañar, e cal a danos morais. Ata agora se procedía a descontar do lucro cesante as cantidades que o traballador/a tivese percibido como prestación ou pensión por parte da Seguridade Social derivadas do accidente laboral; así a parte que corresponde a lucro cesante xa está cuberta e queda pendente o dano moral.

No mes de febreiro de 2015 o Tribunal Supremo decidiu en sentenza  considerar o baremo como fórmula para cuantificar o dano moral, sin entrar en concurrencia co lucro cesante, polo que non procede realizar ningún desconto.

Ligazón á sentenza

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS