Financiado por:
/ Portada / Delegados

Nova regulamentación dos riscos laborais por exposición a campos electromagnéticos

08-08-2016 - CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS

O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 299/2016 sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.

A nova norma incorpora ao dereito español o contido dunha Directiva Comunitaria do 26 de xuño de 2013 sobre as disposicións mínimas de saúde e seguridade relativas á exposición dos/as traballadores/as aos riscos derivados de axentes físicos (campos electromagnéticos), de maneira que tales riscos se eliminen na súa orixe ou se reduzan ao nivel máis baixo posible.

O Real Decreto é aplicable en múltiples sectores e actividades, o que presumiblemente mellorará as condicións de seguridade e saúde dun amplo número de traballadores/as, esperamos que  supoñendo un avance significativo respeto da situación actual.

Entre as principais novidades, este Real Decreto especifica os valores límite de exposición, á vez que establece a obriga do empresario/a de elaborar e aplicar un plan de acción que inclúa medidas técnicas e organizativas que impidan que se superen eses valores.

Tamén recolle dereitos básicos dos/as traballadores/as en materia preventiva, como son a formación e a información, a vixilancia da saúde, o dereito a ser consultados e a participar nos aspectos relacionados coa prevención, así como o réxime sancionador por incumprimento.

Con esta norma complétase a regulación sobre as disposicións mínimas de saúde e seguridade relativas á exposición dos/as traballadores/as aos riscos derivados de axentes físicos. Ademais, trátase da última normativa, posto que o resto dos axentes físicos (ruído, vibracións e radiacións ópticas) xa contan con regulacións específicas.

Acceso ao Real Decreto 299/2016, do 22 de xullo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS