Financiado por:
/ Portada / Delegados

Nova norma internacional ISO para mellorar a Seguridade Vial

25-09-2013 - SEGURIDADE

A ISO 39001 establece os requisitos para implantar e desenvolver un Sistema de Xestión da Seguridade Vial no seo das organizacións. E ten como principal obxectivo mellorar a seguridade das súas operacións, reducindo a sinestralidade nas empresas.

Este mes de setembro tivo lugar unha xornada organizada por AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) e a Fundación PONS para presentar a nova norma internacional cuxo obxectivo é mellorar a Seguridade Vial.

A norma ISO 39001 establece os requisitos para implantar e desenvolver un Sistema de Xestión da Seguridade Vial no seo das organizacións. E ten como principal obxectivo mellorar a seguridade das súas operacións, reducindo a sinestralidade nas empresas. A norma é certificable por terceira parte independente.

Esta norma cobre os aspectos que poden influír na seguridade, dende ter en conta o deseño e estado das estradas, ata a velocidade de condución, pasando por unha planificación segura da viaxe ou o uso de equipos persoais de Seguridade Vial.

A xornada foi inaugurada por Mónica Colás, subdirectora xeral de Intervención e Políticas Viais da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), Jaime Fontanals, director de novos produtos de AENOR e María Jesús Magro, directora da Fundación PONS.

Mónica Colás destacou que: "Un obxectivo dentro das empresas debe ser a prevención de riscos laborais na área de Seguridade Vial e con pequenos investimentos por parte da empresa, obtéñense grandes resultados grazas ao efecto multiplicador". Colás finalizou o seu relatorio comentando: "Esta norma é o punto ideal de encontro pois ten unha visión tan ampla que é adaptable a calquera empresa, sendo unha estratexia firme na que traballar nos próximos anos,".

Para o Director de Novos Produtos de AENOR, Jaime Fontanals: "Os Sistemas de Xestión descritos nas normas técnicas describen as mellores prácticas preventivas aplicables a toda clase de organizacións, nunha dinámica da mellora continua. A nova Norma ISO 39001 contribuirá a aumentar a seguridade vial e reducir a sinestralidade, fomentando un deseño, mantemento e comportamento máis seguro na estrada,".

Maria Jesús Magro, directora da Fundación PONS, recalcou que: "Esta norma está dirixida a entidades públicas e privadas, para calquera que os seus traballadores se despracen in misión ou en itinere". E destacou os beneficios da norma, entre outros: "Reducir as incidencias de sinistros de tráfico, mellorar a competitividade, establecer indicadores de riscos e establecer sistemáticas para avaliar o grao de cumprimento dos requisitos legais de Seguridade Vial".

Na xornada tamén participaron expoñendo o seu punto de vista, primeiros expertos do sector, como Agustín Sánchez-Toledo, xerente de Seguridade e Saúde no traballo de AENOR; Francisco Paz, experto en Seguridade Vial da Fundación PONS, Agustín Galdón Medina, responsable de formación de empresas do Instituto de Seguridade Vial da Fundación Mapfre, e Miguel Muñoz Fuertes, director corporativo de Seguridade de Alsa.

Esta compañía de transporte de viaxeiros por estrada converteuse na primeira empresa que logra o certificado AENOR de Seguridade Vial segundo ISO 39001. E foi María del Mar Alarcón Castellanos, directora xeral de traballo e xerente do Instituto Rexional de Seguridade e Saúde no traballo, quen finalizou o acto cunhas palabras aos participantes.

 

Fonte: preventionwolrd.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS