Financiado por:
/ Portada / Delegados

No Reino Unido morren cada ano 13.000 persoas por enfermidades pulmonares ou cancro de orixe laboral

29-12-2015 - SAÚDE LABORAL

O último informe estatístico publicado polo Health and Safety Executive (HSE), máxima autoridade no campo da saúde e a seguridade laboral no Reino Unido indica que estas cifras son atribuíbles a exposicións pasadas, fundamentalmente a sustancias químicas, e obtivéronse non só directamente (contando casos) senón tamén a partir de fontes que inclúen suficientes datos como para permitir estimacións estatísticas fiables.

A maioría desas mortes corresponden a casos de cancro e de Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC). As estimacións máis recentes suxiren que no Reino Unido prodúcense polo menos 8.000 casos ao ano de mortes por cancro laboral, máis da metade das cales teñen a súa orixe en exposicións ao amianto que dá lugar a mesoteliomas ou cancro de pulmón.

As seguintes causas de morte son o cancro de pulmón debido á exposición a sílice libre, fumes de motores diesel e aceites minerais, e cancros de mama atribuíbles ao traballo a quendas, aínda que este último aínda non se considera un axente canceríxeno confirmado.

No ano 2013 producíronse 2.538 mortes por mesotelioma orixinado pola exposición ao amianto e, segundo as últimas proxeccións, durante o resto da presente década produciranse uns 2.500 falecementos ao ano por esta causa, aínda que se calcula que posteriormente descenderá. Probablemente o número de defuncións por cancro de pulmón debido ao amianto sexa similar.

Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa, que no Reino Unido inclúe sistematicamente preguntas relativas á saúde laboral, uns dous millóns de persoas consideran que sofren unha enfermidade orixinada ou agravada polo seu traballo.

O HSE estima que o custo total para o país dos accidentes e enfermidades laborais ascende a 14.000 millóns de libras ao ano.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS