Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Neurodiversidade e saúde laboral

04-03-2026 - EUROPREVEN

Lonxe de representar un obstáculo, a inclusión de persoas neurodiverxentes achega fortalezas únicas: hiperconcentración, creatividade, pensamento visual, atención ao detalle… Cualidades que moitas empresas líderes xa valoran activamente. Con todo, os datos mostran outra cara: taxas de desemprego máis altas, contornas pouco adaptadas, estrés crónico, incomodidade social. E é aquí onde a prevención xoga un papel esencial, é necesario romper estigmas

A saúde laboral non pode ser plena se non se adapta ás diferenzas neurolóxicas. Non basta con “incluír”: hai que prever, protexer e acompañar de forma activa a quen procesa o mundo doutra maneira.

Como abordar a prevención de riscos laborais con enfoque neurodiverso?

A inclusión en PRL vai máis aló de eliminar barreiras físicas. Implica comprender os riscos psicosociais, comunicativos e ambientais que poden afectar de forma diferenciada ás persoas neurodiverxentes. Algunhas claves:

1. Formación e sensibilización no persoal

É necesario romper estigmas e formar aos equipos en que é a neurodiversidade, como se manifesta e como crear contornas de traballo máis comprensivas e seguras. Isto reduce conflitos, mellora a comunicación e favorece a colaboración.

2. Avaliación personalizada de riscos

Cada caso é único. Unha contorna que é neutra para unha persoa pode ser estresante ou limitante para outra con hipersensibilidade sensorial, dificultades na comunicación ou procesamento lento de información. Por iso é esencial avaliar os riscos de forma individualizada.

3. Adaptacións físicas e organizativas. Pequenos cambios poden ter un gran impacto:

-Redución do ruído ou da iluminación intensa.

-Uso de auriculares con cancelación de son

-Espazos de pausa tranquilos

-Flexibilidade nos tempos de execución.

-Ferramentas de organización visual

4. Comunicación adaptada

É importante preguntar e escoitar: prefires instrucións escritas ou faladas?, necesitas recordatorios visuais?, vai mellor o contacto individual que grupal? Adecuar a canle pode reducir ansiedade e aumentar a eficacia.

5. Apoio emocional e manexo do estrés

As persoas neurodiverxentes poden verse expostas a unha sobrecarga constante ao ter que adaptarse á contorna neurotípica. Contar con espazos seguros, recursos de apoio emocional e ferramentas de xestión de estrés debe formar parte da política preventiva.

Unha contorna inclusiva tamén é unha contorna máis segura: Promover a neurodiversidade dende a prevención non só protexe, tamén impulsa o talento, mellora o clima laboral e fortalece a cultura organizativa.

Fonte: Europreven

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS