Financiado por:
/ Portada / Delegados

Multados con 1.800 euros os tres acusados por un accidente laboral en 2006

22-02-2013 - ACCIDENTE LABORAL

Os tres acusados por un accidente laboral acontecido hai sete anos en San Claudio, Asturias, no que faleceu un traballador, foron condenados ao pagamento dunha multa de ao redor de 1.800 euros tras ser considerados como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores e dunha falta de homicidio imprudente.

As partes implicadas alcanzaron un acordo no Xulgado polo que os tres acusados deberán pagar unha multa de nove meses a razón de seis euros diarios polo delito contra a seguridade laboral, e outros seis euros ao día durante un mes pola falta imprudente.

A aseguradora da empresa na que traballaba o falecido, e as dos acusados indemnizarán a familia da vítima con algo máis de 118.000 euros, dos que a maior parte irá destinada á viúva e ao resto a cada un dos seus proxenitores.

A cantidade total das costas xeradas ao servizo de Saúde do Principado de Asturias, Sespa, aínda non foron determinadas.

A fiscalía de sinestralidade laboral do Principado solicitaba nun principio unha pena de dous anos e medio de cárcere e a inhabilitación especial para o exercicio da súa profesión de cada un dos tres acusados, o xerente, o director e o xefe de liña de saneamento e drenaxe da factoría.

O accidente aconteceu o 31 de marzo de 2006, cando o falecido, un peón especializado traballador da empresa Nel rivero (San Claudio), estaba a realizar labores de limpeza nunha nave onde se fabrican tubos de formigón. Foi atropelado por unha carreta elevadora conducida por un compañeiro que ía aparcar o vehículo despois de rematar a súa xornada. A vítima sufriu un politraumatismo moi grave que lle causou a morte no quirófano ás poucas horas.

Segundo as conclusións da fiscalía, o accidente produciuse pola carencia de medidas de seguridade dirixidas a regular o tráfico do interior da factoría, e a que os traballadores tampouco levaban equipos destinados a advertir da súa presenza ao resto de compañeiros.

Estes riscos xa foran detectados o 9 de agosto de 2004, sen que o empresario tivese adoptado ningunha das medidas de protección colectiva ou individual previstas na avaliación de riscos laborais e no programa anual de actividades preventivas.

 

www. lne.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS