Financiado por:
/ Portada / Delegados

Multa de 3 millóns de libras para unha empresa química por nube tóxica

09-01-2017 - Hixiene

En cumprimento das novas normas sancionadoras vixentes en Reino Unido, nas que se ten en consideración a capacidade económica da empresa á hora de fixar as sancións, continúan a aparecer casos de multas millonarias. Neste caso a sanción recae nunha compañía química que sufriu dous accidentes que remataron producindo unha nube tóxica; no primeiro accidente acaecido en marzo de 2010 faleceu un traballador e outro sufriu graves lesións.

O accidente tivo lugar logo dunha acumulación de tetracloruro de titanio dentro dun buque. O produto químico entrou en contacto coa agua dando lugar a unha reacción violenta, que rompeu o contedor; cando o líquido tivo contacto co aire, creouse unha gran nube de vapor tóxico. O traballador falecido foi rociado polo líquido corrosivo e cuberto pola nube de vapor tóxico; outro traballador resultou afectado, de xeito permanente, pola nube tóxica. Esta nube expandiuse rápidamente, saíndo da planta e sendo finalmente controlada polo Servizo de Bombeiros.

A investigación do accidente realizada polo HSE (Instituto de Seguridade e Saúde) atopou que a empresa non seguira os procedementos operativos normais, erros no deseño de partes da planta e dos procedementos aplicados, e que a empresa non tiña estabelecidos protocolos de xestión de seguridade e sistemas de traballo para avaliar e controlar os riscos.

En xullo de 2011, produciuse outra liberación incontrolada de vapor tóxico durante a limpeza dun tanque. Na investigación do accidente o HSE atopou que a empresa non tivo en consideración o deseño e instalación das placas fabricadas para selar o tanque antes de realizar o proceso de limpeza: as placas non estaban ben deseñadas e os seladores eran inapropiados, polo que non foi posible reter o gas creado no procedemento de limpeza, xerando unha nube tóxica.

Logo do xuízo, o inspector do HSE declarou que o “incidente de marzo de 2010 causou a morte dun traballador e gravísimas lesións a outro. No caso de que o vento tivera soplado na dirección oposta, tamén podería ter causado un desastre local. A compañía non tivo en consideración as leccións deste accidente e tivo outra importante liberación dos mesmos gases tóxicos pouco máis dun ano despois. Este caso debe actuar como recordatorio á industria de que non pode haber espazo para a complacencia cando se trata de productos químicos perigosos”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS