Financiado por:
/ Portada / Delegados

Multa de 164.000 euros á empresa pola morte de 4 traballadores

18-09-2013 - ACCIDENTE LABORAL

A Inspección de Traballo considerou que a empresa FCC, adxudicataria das obras da presa de Castrovido, incorreu nunha infracción moi grave o día do accidente laboral no que morreron catro empregados da empresa que traballaban no bloque 18 do proxecto. Por iso, impúxolle unha multa que ascende a 163.956 euros.

A Administración laboral responsabiliza á construtora de incumprir o apartado 10 do artigo 13 da Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social. Segundo o informe de Traballo, a empresa «non» adoptou calquera outras medidas preventivas aplicables ás condicións de traballo en execución da normativa sobre prevención de riscos laborais das que se derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores», reza o texto legal.

Hai que recordar que aquel fatídico 5 de outubro de 2011 os catro traballadores faleceron tras caerlles enriba unha cuba con 20 toneladas de formigón. A moega de formigón deslizábase por un blondín (como un teleférico) cara á terraza situada por debaixo da que ocupaban os traballadores. A rotura da estrutura do castelucho de poleas do blondín liberou varios metros de cable e fixo que a cuba caese sobre os operarios.

En resumo, o informe de Traballo reflicte que as medidas de prevención eran deficientes. O Real Decreto que establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde na utilización de equipos de traballo, establece que «a menos de que fose necesario para efectuar correctamente os traballos, deberán tomarse medidas para evitar a presenza de traballadores» «baixo as cargas suspendidas». E a cuba de formigón era unha carga suspendida.

O expediente indica tamén que a empresa seguiu as instrucións do fabricante na montaxe do blondín que transportaba a cuba. E que os traballadores estaban a realizar os labores encomendados pola empresa.

A sanción económica da Inspección de Traballo enmárcase na vía administrativa de resolución do caso, pero aínda segue aberto o proceso xudicial que dirixe o xulgado de Primera Instancia e Instrución de Salas dos Infantes.

 

Diariodeburgos.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS