Financiado por:
/ Portada / Delegados

Multa de 150.000 euros a un hospital pola exposición de traballadores/as a formaldehído

21-12-2017 - Hixiene

A Secretaría Autonómica de Emprego da Generalitat Valenciana informou de que se desestimou o recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Traballo e Benestar Laboral que efectuou o pasado 17 de xullo. Nesta última resolución, a Administración autonómica acóllese ás distintas leis e normativas sobre a protección dos traballadores/as fronte aos riscos relacionados coa exposición a axentes cancerígenos e axentes químicos no traballo, considerando os feitos (elevado risco de exposición ao formol no laboratorio de Anatomía Patolóxica) como infracción administrativa moi grave en materia de prevención de riscos laborais e sanción de 150.000 euros.

A denuncia, por elevada exposición a formol no departamento de Anatomía patolóxica, foi realizada a mediados de 2016 polo comité de empresa a logo dunha visita realizada por funcionarios do Centro Territorial de Seguridade e Saúde no Traballo de Alacante ás instalacións sanitarias, na que se abriu un expediente sancionador á empresa que xestiona o Hospital do Vinalopó por irregularidades en canto á exposición de formol. Logo da visita oficial, a Dirección Xeral de Traballo emitiu unha carta na que advertía de que «os traballos efectuados no laboratorio de Anatomía Patolóxica presentan uns elevados riscos de exposición a contaminantes químicos, en concreto a formol», precisando que «este compoñente foi actualmente declarado un axente cancerígeno» e recomendando medidas preventivas para implantar neste departamento, no que traballan 18 persoas.
Entre as medidas, estaban o redeseño da sala de traballo, o emprego de sistemas pechados, mellorar mesas e instalar un sistema de extracción, entre outros elementos. 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS