Financiado por:
/ Portada / Delegados

Multa de 1,7 millóns para a produtora de Star Wars

17-11-2016 - Seguridade

O accidente que deu lugar a esta millonaria multa tivo lugar no 2014, no rodaxe da película "Star Wars: o despertar da forza", cando o actor Harrison Ford foi golpeado por unha pesada porta hidraúlica situada no interior do decorado que recreaba a nave "Halcón Milenario". A produtora, filial da compañía Disney, admitiu no xuízo celebrado na Corte de Aylesbury que vulnerou a lexislación de riscos laborais. A raíz da entrada en vigor a primeiros deste ano das novas directrices para ditar sentenzas no Reino Unido, as cuantías das multas deben ter en conta a capacidade económica da empresa: así, canto maior sexa a capacidade económica maior será a multa.

Un portavoz da Health and Safety Executive, a axencia que se encarga da seguridade laboral no Reino Unido, declarou no xuízo que o actor foi derribado por unha porta metálica con unha forza comparable a dun automóbil pequeno.

O xuíz afirmou no seu ditame que a produtora debería ter advertido ao actor acerca dos perigos aos que se expuña no plató: "o maior erro por parte da compañí foi a falta de comunicación. Si se elabora unha avaliación de riscos, pero esta non se comunica, cal é o obxetivo de contal con ela?", "se tiveran incluído ao señor Ford nas conversas, alo menos podería ter estado alerta sobre os riscos que debía evitar".

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS