Financiado por:
/ Portada / Delegados

Máis do 90% dos manuais das máquinas incumpre a normativa en relación co ruído

24-01-2014 - HIXIENE

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo traduciu recentemente ao español o informe sobre os resultados do proxecto NOMAD, que analizou a información relacionada co ruído que se debe incluír nos manuais de instrucións segundo a Directiva de Máquinas.

O informe, que estudou os manuais de máis de 1.500 máquinas en 12 países europeos, entre eles España, pon de manifesto a necesidade dunha mellora global por medio de campañas de información e vixilancia do mercado, entre outros.

Os incumprimentos máis relevantes foron a ausencia de información ou información inservible sobre o risco de ruído no 35% dos manuais, ou que estaban escritos nunha lingua non oficial do país correspondente (80%).

Máis do 90% dos manuais de instrucións das máquinas non cumpre cos requisitos esixibles legalmente respecto ao ruído.

Os autores analizan as diversas implicacións destes resultados e, entre eles, as negativas consecuencias preventivas na prevención de riscos dos traballadores expostos.

Estudo sobre os manuais de instrucións das máquinas en relación cos requisitos de ruído esixidos na Directiva Máquinas.

Comité Directivo de NOMAD. 2012.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS