Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Lembrar o pasado de forma negativa deteriora a saúde.

21-09-2011 - Investigación

Observamos que cando as persoas teñen unha actitude negativa cara aos eventos pasados da súa vida, e ao mesmo tempo, tense unha actitude pesimista ou fatalista respecto dos eventos presentes, xéranse maiores problemas nas súas relacións e son estas persoas as que presentan os peores indicadores en calidade de saúde, explica Cristián Oyanadel, investigador da UGR.

Os investigadores avaliaron mediante cuestionarios e probas de estimación temporal a 50 individuos (25 mulleres e 25 homes entre os 20 e 70 anos) dunha mostra aleatoria. O perfil de orientación temporal mediuse aplicando o test denominado Inventario de orientación temporal de Zimbardo, deseñado en Estados Unidos e validado en numerosos países -incluído o estado español-. Este test recolle cinco dimensións que describen actitudes cara ao pasado, o presente e o futuro.

 

Unha vez agrupados por perfís segundo a súa estimación do tempo, aplicaron aos enquisados un cuestionario de calidade de vida para medir a súa saúde física e mental.

 

Segundo o observado no noso estudo, a dimensión máis influente é a percepción do pasado. Unha visión negativa deste relaciónase altamente con peores indicadores de saúde, apunta o investigador.

 

As persoas con esta tendencia negativa reportan dificultades para esforzarse fisicamente en actividades cotiás e limitacións físicas para o rendemento no traballo; perciben maior dor corporal e teñen maior predisposición a enfermar.

 

Ademais, presentan tendencia a estados depresivos, ansiosos e alteracións conductuais en xeral, engade Oyanadel.

 

Os tres perfís temporais atopados entre os participantes do estudo corresponden a tres estilos: predominantemente negativo e predominantemente orientado ao futuro -os dous máis extremos- e outro máis equilibrado.

 

O perfil equilibrado é o ideal, posto que resulta dunha actitude saudable nas tres zonas temporais. Son persoas que aprenden positivamente das experiencias pasadas, oriéntanse ao cumprimento e autoexixencias de metas no futuro, pero non descoidan a posibilidade de vivir emocións e experiencias agradables e pracenteiras.

 

Así mesmo, estas persoas contan cunha maior puntuación nas capacidades de esforzo físico, mellor saúde mental xeneral, menos tendencia a enfermar e menor percepción de molestias ou dores corporais.

 

Doutra banda, as persoas orientadas ao futuro, é dicir, a deixalo todo por cumprir metas e esixencias persoais esquecéndose de vivir experiencias agradables presentes e con pouca conexión coas súas experiencias pasadas positivas, non teñen mala saúde física e mental, pero esta é de menor calidade que as persoas do grupo equilibrado, conclúe Oyanadel.

 

Fonte de Datos: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS