Financiado por:
/ Portada / Delegados

Invalidez absoluta por mal ambiente no traballo

04-10-2016 - Sentenza

Nesta sentenza refírese o caso dunha enfermeira que ocupaba o posto de xefa dunha Unidade de Atención Primaria; a traballadora colleu unha baixa laboral en xullo de 2014 por mor do «estado emocional e de ansiedade derivados dun conflicto laboral». O conflicto, segundo se indica no texto xudicial, estaba presente tanto nas relacións laborais entre os subordinados-compañeiros como cos seus superiores. O conflito, cuio comezo remóntase ao ano 2009, foise agravando co tempo dando lugar a un «trastorno adaptativo como reacción aguda a unha situación de estrés».

A traballadora solicitara traslado por motivos de saúde a outro posto no ano 2012; este traslado foi aceptado, pero non executado por falta de praza libre dentro da mesma comarca.

En marzo de 2014 foi cesada como Xefa de Unidade pasando a desenvolver funcións de enfermeira; logo dun período de tres meses de reciclaxe presentou a súa petición de baixa por enfermidade. Os diagnósticos do persoal médico que a atendeu nos diversos trastornos presentados nos anos 2009, 2013 e 2014 sempre relacionaron a súa doenza co "contexto laboral", feito que resultou determinante para que o xuíz estabelecera que se trata dun accidente laboral e non dunha enfermidade común.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS